Asociacionismo e participación
Con motivo do noso 25 aniversario, temos programado un calendario de actividades ao longo deste ano.
A primeira é unha mesa redonda na que participaran sete persoas de entidades cidadás de Compostela, que teñen contribuído a facer de Compostela unha cidade máis dinámica e integradora e que xenerosamente compartiran este acto connosco.
O tema da mesa redonda será: 25 anos de “Troita Armada”. A importancia do asociacionismo para a participación cidadá. Unha visión dende as experiencias concretas. As 19 h. na biblioteca “Anxel Casal” .
A xente que compartirá o acto será:
– Rosa Alvarez. Psicóloga do plan comunitario do barrio de Vite, dende o ano 90. Decana do colexio de psicoloxía de Galiza.
– Lara Rozados. Vinculada á Asociación xuvenil e cultural “Itaca”, e ao “cineclube de Compostela”. Xornalista e escritora.
– Concha Fernández. Concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos. Profesora de Intervención Sociocomunitaria en el CIFP Compostela
– Xavier Sánchez. Da directiva da asociación veciñal “Conxo Aberto” e participante da plataforma “Conxo non se toca”. Director de Proxectos de consultoría.
– Quico Lourenzo da directiva da Troita Armada e membro do colectivo pola Renda Básica Universal de Compostela. Técnico de administración.
– Mon Vilar, da Comision de Festas do Barrio de San Pedro e socia da Asoc. Veciñal a Xuntanza, consultora en xénero identidade e cultura, ou Mercedes Vázquez, secretaria da Asociación Veciñal A Xuntanza. Doctora en historía e socia da empresa Dehistoria.
– Eva Cortinhas, ativista da “Gentalha do pichel”, estudou Biologia e trabalha como docente em precário .