25 anos de Troita Armada

 

Este ano cumprimos 25.

25 anos de programacións mensuais continuas, só interrompidas nos meses de agosto para cambiar de habitat estacionalmente, alimentadas pola enerxía de todas as persoas sociais que contribuimos a nutrila coas nosas iniciativas.

Durante este tempo vivimos facendo da gastronomía a pedra angular para facer “unha nova orde social gastronómica” dende o noso local do Pombal 18. Onde hai 25 anos a asociación xuvenil e cultural “Itaca” decidira poñer en marcha este proxecto que acabou tendo vida propia.

Para celebrar este tempo de vida pensamos en facer unha programación especial de actividades con toda a xente que dalgún xeito está ao noso aredor, nun entorno cidadá do que formamos parte.

Este é un adianto:

15 de Febreiro: mesa redonda. 25 anos de “Troita Armada”. A importancia do asociacionismo para a participación cidadá. Unha visión dende experiencias concretas en Compostela. Biblioteca “Anxel Casal” .

A xente que compartirá o acto será:

– Rosa Alvarez. Psicóloga do plan comunitario do barrio de Vite, dende o ano 90. Decana do colexio de psicoloxía de Galiza.

– Lara Rozados. Vinculada á Asociación xuvenil e cultural “Itaca”, e ao “cineclube de Compostela”. Xornalista e escritora.

– Concha Fernández. Concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos. Profesora de Intervención Sociocomunitaria en el CIFP Compostela

– Xavier Sánchez. Da directiva da asociación veciñal “Conxo Aberto” e participante da plataforma “Conxo non se toca”. Director de Proxectos de consultoría.

– Quico Lourenzo da directiva da Troita Armada e membro do colectivo pola Renda Básica Universal de Compostela. Técnico de administración.

– Mon Vilar, da Comision de Festas  do Barrio de San Pedro e socia da Asoc. Veciñal a Xuntanza, consultora en xénero identidade e cultura, ou Mercedes Vázquez, secretaria da Asociación Veciñal A Xuntanza. Doctora en historía e socia da empresa Dehistoria.

– Eva Cortinhas, ativista da “Gentalha do pichel”, estudou Biologia e trabalha como docente em precário .

8 de marzo, no local da Troita. Videovenres: nutrición e dietas, un debate actual. Alberto Cepeda, profesor de Nutrición na USC.

23 de Marzo – Cea cabaret ou cara o qué–

5 de Abril – Mesa redonda.25 anos de “Troita Armada”. “asociacionismo gastronómico”. No Ateneo.

A xente que compartirá o acto será:

Encarna Otero, o movemento slow food en Compostela.

Antón Insua, cooperativa de consumo do Salgueiriño.

Fernando Vidal, membro da Troita Armada

Manolo Gago, crítico gastronómico.

25 de Maio -Revival da festa de inauguración

Setembro – Rota de viños (algunha das rotas recollidas no libro de “historia de Compostela dendeos viños dos seus barrios”

Outubro – Videovenres coral – outubro.

Novembro – Saída á festa da castaña de O Courel (primeira saída gastronómica da Troita Armada noano 1994).

Ademáis destas actividades teremos unha exposición itinerante nos centros socioculturais e na biblioteca “Anxel Casal”, e elaboraremos calendarios commemorativos e un libro sobre a nosahistoria.