Visita á Illa de San Simón
A saída á illa de San Simón, estase convertendo “nun novo éxito” dos que xa nos ten acostumados a Troita Armada.
Neste momento estamos apuntadas 76 persoas (28 nen@s) polo que te pedimos un pouco de comprensión e apoio coa organización.
En principio o derradeiro día para apuntarse será o luns 16.
A organización está considerando coller un autobús. O custo sería de400€ / 50 prazas, aínda que estamos mirando un de 65. Queremos saber a
dispoñibilidade de xente para ir en bus: sairía as 10h da igrexa do Pilar ¿ti irías?
Como lembrarás a viaxe en barco costa 8€ (para maiores de 6 anos). O xantar, en principio e a non ser que chova, será de bocata nun monte próximo.
Seguramente para a semana poidamos detallar algo máis da visita á Illa e ao Pazo de Soutomaior. Se tes algunha suxestións estaremos encatad@s de recibila.
E por favor contesta ao do bus.
Esta é a xente apuntada de momento, as idades son, nalgún caso,
aproximadas (máis que nada interesa saber se sodes maiores ou menores de 6 anos
Un saúdo
A Xunta directiva.
Sediame eu na Hermida de San Simón (Amancio Prada)
http://grooveshark.com/#!/s/Sed+ame+Eu+Na+Ermida+De+San+Sim+n/3ps7Zu?src=5