A lingua viaxeira
A Troita Armada fai posible a edición dun libro colectivo de autoras e autores en lingua galega residentes no exterior
A lingua viaxeira presenta un feixe de voces diversas que, desde diferentes partes do mundo e a través de distintos xéneros, escribindo en galego, nos dan pé a visualizar un territorio «expandido» que transcende o ámbito xeográfico e se materializa onde queira que alguén pensa e escribe no noso idioma.
Editado no marco do ONDA, no libro participan María Alonso (Edimburgo), Xelís de Toro (Brighton), Luz Pichel (Madrid), Moncho Iglesias Míguez (Bangladesh), Carlos Penela (Viena), Eva Moreda (Glasgow), Elías Portela (Reykjavik), Martín Veiga (Cork), Erín Moure (Montreal), Helena Salgueiro (Edimburgo), Miriam Sánchez Moreiras (Denver) e Xavier Queipo (Bruxelas).
Publicada pola editora Axóuxere, A lingua viaxeira xa pode atoparse nas librarías e tamén está dispoñible de xeito gratuíto no noso local para socias e socios da Troita.