Asociación

Somos na actualidade arredor de 60 socios e socias de diferentes especies, algunhas de longa data, outras de nova incorporación, e a Troita sempre está aberta a ampliar a súa masa social para darlle continuidade a un proxecto que non quere ser só un club privado onde cada quen aproveita individualmente as vantaxes que o noso local ofrece (que tamén), senón que se implica na xestión da propia asociación, achega ideas e propostas, colabora na súa programación e no mantemento do local e participa con entusiasmo desinteresado, consciente da importancia de manter vivas as iniciativas da sociedade civil libremente asociada. Só así a Troita Armada cumpriu os seus primeiros 25 anos de vida, só así cumprirá 25 anos máis.