A transformaçom da restauraçom galega

 
 
A noite do3 de julho teremos um interessante “vide-os-venres” co gastrónomo Manuel Gago e posteriormente degustaremos umha ceia de nova cozinha a carrego de Manuel A. Fdz. Garea e Francisco Manrique.
Para introduzir o debate recomendamos o comentário de M. Gago sobre a perda do Forum Gastronómico para Santiago  ainda que qualquera dos seus artigos valeria para ilustrar o decorrer gastronomico deste país (e doutros que andam perto).
 Manuel Gago Mariño (Palmeira, Ribeira, 1976) é doutor en CC. da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade, é director de culturagalega.org, o portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega e profesor asociado na Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, formando aos novos xornalistas na especialidade de ciberxornalismo. É editor de Capítulo Cero, un dos blogs referentes da rede galega, no ámbito da divulgación histórica, científica, en estilos de vida, gastronomía e cultura, e por el ten recibido premios e mencións de diferentes colectivos profesionais galegos.
No ámbito gastronómico, Gago é o creador e promotor do Código Cociña, un código de boas prácticas para o blogging gastronómico. Colaborou semanalmente no programa gastronómico da Radio Galega Come e Fala, co que gañou o Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico 2010. Os seus textos gastronómicos poden lerse na sección Paparotas & Co de Capítulo 0, o seu blog persoal, fundado en 2004, e o máis antigo en activo escrito en lingua galega. No ano 2009, os membros da Asociación Profesional de Cociñeiros de Galicia nomeárono Socio Honorífico da entidade.
Coordinando a un equipo de alumnos da Facultade de CC. da Comunicación, elaborou o documental web gastronómico Coas nosas mans, co que gañou o Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro ao mellor web gastronómico 2009. Neste ano tamén coordinou unha experiencia pioneira no ámbito da comunicación gastronómica: El Rioja de Blog en Blog, unha aventura enogastronómica en tempo real patrocinada polo Goberno da Rioxa. Actualmente tamén mantén The Wine Codex, unha guia persoal sobre os viños da Península Ibérica en inglés. É coautor do libro Rías Baixas, Gourmet Territory (2011), unha publicación destinada a presentar internacionalmente a gastronomía contemporánea do litoral sur de Galicia a un público de foodies e gourmets. No 2012 a Asociación de Sumilleres Gallaecia nomeouno Xornalista Distinguido. Tamén escribiu en Tinta de Calamar, o blog gastronómico da Cadena Ser, e na revista Benbo.