A vivenda colaborativa

  • Venres 10 de xuño ás 21:00
  • Confirmación de asistencia no email info@atroita.org

A vivenda colaborativa (tamén coñecida como cohousing) comezou sendo unha solución aos problemas derivados do envellecemento das persoas e foi evolucionando ata converterse nunha ferramenta de economía colaborativa para enfrontarse aos problemas de acceso á vivenda, de illamento nas cidades e, en xeral, para conseguir un tipo de convivencia máis amable e respectuoso coas persoas e o medio ambiente.

Coa colaboración da socia Carmela Cons, a Troita organiza unha presentación sobre as iniciativas de vivenda colaborativa que xurdiron en Compostela e en Galiza en xeral nos últimos tempos.

Participarán María Castro Calvo, en representación da asociación Alvariza Colaborativas Compostela, proxecto interxeracional que busca asentamento na comarca de Compostela. Nieves R. Brisaboa, do grupo LarLilás, proxecto sénior que busca asentamento na contorna dalgunha das grandes cidades galegas. Juancho Gianzo, da asociación Somos Amizar, grupo interxeracional en fase inicial que busca asentarse na contorna de Compostela.