Arqueoloxía da guerrilla

Luns 21 abril 19:00 h. Presentación do libro: CIUDAD DE LA SELVA. HISTORIA E ARQUEOLOXÍA DA GUERRILLA NOS MONTES DE CASAIO

O libro é o resultado dun proxecto de investigación arqueolóxica nos montes de Casaio na procura do rastro da mítica Cidade da Selva, asentamento guerrilleiro entre os anos 1937 e 1951.

Documenta e localiza un total de 18 acampamentos e cerca de 60 estruturas vencellados coa presenza da guerrilla, nunha achega innovadora ao estudo da historia por medio da arqueoloxía e a memoria oral.

Sputnik Labrego presentará na Troita Armada os achados deste proxecto e o libro que os recolle, editado por Edicións Positivas.

Entrada libre ata completar aforo.

Inscricións en info@atroita.org