As fuxidas por mar
Videovenres, “As fuxidasolo mar”, con Dionisio Pereira
Lembra que o venres 15 de novembro terá lugar o vide-o-venres “As fuxidas
por mar: unha resistencia esquecida”, para o que contaremos coa presenza de
Dionisio Pereira.
Dionisio Pereira é historiador, e está especializado en Movementos Sociais
e en Cultura Mariñeira. E neste vide-o-venres falaranos no punto das súas
investigacións onde os movementos sociais lindan coa cultura mariñeira. O
seu relatorio versará sobre a resistencia antifranquista no mar: como os
sindicatos da beiramar galega se organizaron para que os seus militantes
agochados a partir de xullo de 1936 puideran fuxir por mar, e incorporarse
ás forzas antifranquistas en Asturias ou no levante peninsular.