Cancións que contan II

O venres 20 de maio ás 20:00 terá lugar a segunda sesión destes encontros nos que unha convidada nos guiará polas cancións que marcaron a súa vida. Nesta ocasión acompañaremos á actriz Patricia de Lorenzo escoitando unha escolma das cancións importantes para ela. O prazo para anotarse nesta actividade remata o mércores 18 ás 22:00.