CANCIÓNS QUE CONTAN III

Xuntanza co músico e artesán Oli Xiráldez para que comparta con nós as músicas que marcaron a súa vida

Temos a sorte de retomar unha das actividades que botaron a andar este ano cun amigo e colaborador de longa data da Troita Armada, o gran Olimpio Xiráldez.

Convocámosvos a este interesante encontro que terá lugar o venres 7 de outubro no horario habitual das 8 da tarde.

Pregamos confirmación de asistencia no email info@atroita.org. O prazo de inscripción rematará o mércores 5 de outubro.