Cancións que contan
Inauguramos unha nova actividade promovida polxs socixs Fernando Vidal, Tana, Oli , Pedro e Paulo. Trátase dunha sesión-audición na que unha persoa convidada escolle unha lista coas cancións que marcaron a súa vida ou considera importante compartir connosco. Unha maneira de explorar a memoria individual e colectiva por medio da música como detonante da lembranza.
A primeira sesión será este venres 18 de marzo ás 20:00 no local da Troita e estará pilotada polo compañeiro da Troita Emilio Barreiro. Ao remate da actividade serviremos uns aperitivos. O prezo da inscrición será o custo da comida e o duplo da mesma para as persoas non socias.