Cantarea aberta
Domingo 11 de maio ás 17:00 na Troita Armada (Rúa do Pombal, 18)
Cantarea21 vai desenferruxar o seu repertorio para o inicio da xira mundial que arrancará en Betanzos en cas da nosa asociación irmá: Lar de Unta (axiña informaremos sobre esa viaxe, prevista para o 31 de maio). Hai que ir coas voces niqueladas, que en Betanzos hai nivel festeiro, arroz con chícharos, repolo de. É verdade que sempre sae mellor sen ensaiar, estilo Troita, mais desta volta faremos unha excepción porque o inverno foi cativo e non cantamos nada desde a manifa de Altri. Se alguén se quere arrimar, só ten que vir merendar connosco. Haberá café, infusións e refrixerios e o que faga falta para entonar a palleta, e cadaquén pode traer as lambetadas que queira amais de instrumentos e ganas de cantar as letras que irán pasando na pantalla ou no móbil. Admitimos voces brancas, tintas ou moradas e viceversa, e ás 21:00 baixamos a persiana. Podedes avisar a info@atroita.org, se non sodes socias, e botádelle un ollo a algunhas letras aquí.
Vémonos!