Cantarea21

LETRAS EN PDF

ALALÁ AO SOL
BEAT
BOISACA CHOUPANA ROCHA
COMO EU TE AMO
CORZINHA DE VERÃO
DÉIXAME ANDAR
DROGA NO COLACAO
ESA HORA CHEGARÁ
ESTA NOITE
ESTOMBALLADA
EU OÍN
FEIJÓO
HOXE AQUÍ
NABO, NABIZA, GRELO
NO MEU PAÍS
NON BEBO MÁIS
NON CHORES MÁIS
O ROUBADOR
QUEN ME DERA NA CASIÑA
QUÉROTE MÁIS
SE CADRA
SE ME DAN A ESCOLLER UN PAÍS
TEMPESTADES DE SAL
VISTA ALEGRE
VIVA LA VIDA

“Cantarea21 pretende, mediante a insubmisión a este marco alienante que fai da cantarea un karaoke e do individuo un Sabina de Patacón, impor o protagonismo da sociedade civil. A súa única arma é a voz, para construír unha nova orde social-cantareira”.

 O comezo deste texto non é orixinal. Pero si moi acaído. Porque Cantarea21 nace na Troita Armada. Tiveron que pasar moitas e divertidas noites de cantarea sen fin. Noites nas que pasábamos da canción tradicional ao son cubano, das de Gardel ás de Pucho Boedo, das da Movida de Vigo ás da Nueva Ola madrileña. Unha feliz noite, a sensación de que nos estábamos repetindo cadrou cun momento de eclosión de bandas de pop e rock en galego. Remataba a primeira década do 3º milenio, e decidimos que había que renovar o repertorio. Tocamos o corno, e acudiron á chamada varias troiteiras e troiteiros, e tamén algúns músicos e músicas de rueiros anexos. Músicos e músicas que aportaron saber facer, e mesmo cancións orixinais ao repertorio.


ALALÁ AO SOL (OS AMIGOS DOS MÚSICOS + XURXO SOUTO)

EU PENSEI QUE ESTABA SÓ
E TROUXÉRONME A MAÑÁ
SON FOLERPA DUN VOLCÁN
QUE QUERE BICAR O SOL

I EU QUERO BICAR O SOL
AÍNDA QUE ME QUEIME OS BEIZOS
QUERO SENTIR A CALOR
DESE SOL QUE LEVAS DENTRO

DESE SOL

(BIS)

acordes: MI LA SI7 MI SI7 LA MI


BEAT (CAPITÁN FURILO)

COMO PENSABAS QUE ÍA SEGUIR
SE CANDO FALAS NON ESTOU AQUÍ
NON ME CASTIGUES (coro: AMOR)
NON SON ASÍ (coro: AMOR)
NON ME IMAXINO
XUNTO A TI

PERDES O TEMPO, SEMPRE A CHAMAR
E NON É CERTO, NON HEI CAMBIAR
NON ME CASTIGUES (coro: AMOR)
NON SON ASÍ (coro: AMOR)
NON ME IMAXINO
XUNTO A TI
XUNTO A TI

NON ME CASTIGUES (coro: AMOR)
NON SON ASÍ (coro: AMOR)
NON ME IMAXINO
XUNTO A TI
XUNTO A TI
LA RA LA LA LA LA LA LA LA

acordes: SOL RE DO / si DO / RE DO SI LA


BOISACA CHOUPANA ROCHA (NOITE MAINA)

NÚMERO 1
BOISACA CHOUPANA ROCHA (BIS)

SE MONTAS NESE AUTOBÚS
NON VAIAS DO SUR PRA O NORTE
MELLOR VAI DE NORTE A SUR
SE NON QUERES VER A MORTE

AS RÚAS ERAN DE PEDRA
E O RÍO CHEIRABA MAL
DOS BARRIOS CHEGABA A XENTE
QUE ERGUEU CO SEU TRABALLO A CAPITAL

EU CHEGUEI CANDO ERA NENO
UN INVERNO QUE CHOVÍA SEN PARAR
E DEBAIXO DUN PARAUGAS
NA PARADA DO AUTOBÚS OÍN CANTAR

RETROUSO

UNHA NAVALLA DE PRATA
SANTIAGO ABERTO EN CANAL
NO ESPELLO DO CHAN MOLLADO
CORRE A PINGA NO CRISTAL

COMO CORREU CARA A MORTE
UNHA LIÑA QUE XA NON EXISTE MÁIS
RABUÑANDO NA MURALLA
QUE TAL VEZ XA NON SE VE MAIS AÍNDA ESTÁ

NÚMERO 1
BOISACA CHOUPANA ROCHA (3 VECES)

acordes: mi la SI7 / DO SI7 mi (x2)
RE7 SOL SI7 mi RE7 SOL la SI7


COMO EU TE AMO (MARÍA LADO & LUCÍA ALDAO)

COMO EU TE AMO (bis)
CONVÉNCETE (bis)
NINGUÉN TE AMARÁ

COMO EU TE AMO (bis)
ESQUÉCETE (bis)
NINGUÉN TE AMARÁ
NINGUÉN TE AMARÁ
NINGUÉN PORQUE EU

EU ÁMOTE COA FORZA DAS MAREAS EU
EU ÁMOTE CO ÍMPETU DO VENTO EU
QUE TE AMO NA DISTACIA E NO TEMPO EU
EU ÁMOTE COA ALMA E COA CARNE

EU QUE TE AMO COMA O NENO Á SÚA ALBORADA
EU QUE TE AMO COMA O HOME AO SEU RECORDO
EU QUE TE AMO A PURO BERRO E EN SILENCIO EU
QUE TE AMO DUNHA FORMA SOBREHUMANA EU

EU QUE TE AMO NA ALEGRÍA E NO PRANTO
EU QUE TE AMO NO PERIGO E NA CALMA
EU QUE TE AMO CANDO BERRAS, CANDO CALAS
EU QUE TE AMO TANTO, EU ÁMOTE TANTO EU

acordes: RE si SOL LA7


CORZINHA DE VERÃO (DEOLINDA)

PORQUE É QUE O SOL NUNCA BRILHA
QUANDO EU FICO DE FERIAS
AOS FINS DE SEMANA
OU NOS MEUS DÍAS DE FOLGA?

PASSO OS MEUS DÍAS A VER
GENTE EM FATO DE BANHO,
CALÇOES E HAVAIANAS,
E EU SEMPRE DE CAMISOLA.

E EU ANDEI UM ANO INTEIRO
A JUNTAR O MEU DINHERO
PARA ESTA DESILUSÃO.
DAVA TODO O MEU OURO
POR UM POUCO DO TEU BRONZE,
UMA CORZINHA DE VERÃO.

VENTO,
EU NA PRAIA A LEVAR COM VENTO,
A ROGAR PRAGAS E A CULPAR SÃO PEDRO
QUE MAL FIZ EU AO CÉU?
E TENTO,
JURO QUE TENTO IMAGINAR BOM TEMPO
ESPALHO O PROTETOR SOLAR E ESTENDO
O CORPO NUM MUSEU.

PORQUE É QUE TUDO CONSPIRA
CONTRA A MINA VONTADE?
SIM, SIM, É VERDADE!
NÃO ESTOU A SER PESSIMISTA.

É QUE A VIZINHA DA CAVE
SEMPRE É MAIS BRONZEADA,
TRAZ UM SORRISO NA CARA,
E NÃO SABE QUEM FOI KANDINSKY.

PONTE + RETROUSO

acordes: intro: FA fa DO re SOL DO
estrofa: DO re FA DO ( re SOL )
ponte: SOL FA FA7 fa DO re FA FA7 fa DO SOL
retrouso & instrum: DO re FA fa DO re SOL


DÉIXAME ANDAR (CANTAREA21)

NON ME LEVES, MUNDO
DÉIXAME ANDAR

EU XA TEÑO QUEN ME QUEIRA
TEÑO AMORES NESTA TERRA
NON ME LEVES DELA
MUNDO QUE ME MIRAS TORTO
DÉIXAME ONDA ELA

MUNDO TOLO, QUE ME QUERES?
NON ME CHAMES MÁIS
MUNDO QUE ME MIRAS TORTO
QUÉRESME LEVAR

NON ME LEVES, MUNDO
DÉIXAME ANDAR

QUERO ESTAR Á SÚA BEIRA
DARLLE A MIÑA VIDA ENTEIRA
NON ME LEVES DELA
MUNDO QUE ME MIRAS TORTO
DÉIXAME ONDA ELA

MUNDO TOLO……

NON ME LEVES MUNDO, DÉIXAME ANDAR

ANDAR, ANDAR, O MUNDO DÉIXAME ANDAR (BIS)

NON ME LEVES MUNDO, DÉIXAME ANDAR

acordes: 1 – SOL DO RE SOL
2 – SOL DO / RE DO SOL DO RE DO SOL
3 – MI7 FA DO SOL / MI7 FA DO RE7


DROGA NO COLACAO (CANTAREA21)

(instrumental)

NON ME DEIXAN BEBER
PROHIBIDO FUMAR
QUITÁRONME O CAFÉ
A DROGA E O COLACAO

QUE HEI DE FACER?
ERA MELLOR MORRER
VOUME DEITAR

AI, COMPAÑEIRA/O
VÉN PRÁ CAMIÑA
Á MIÑA BEIRIÑA
E DAME SOLAZ

AI, VIDA MIÑA
TI CALADIÑA/O
A VER SE NOS QUITAN
TAMÉN DE AQUELAR

(instrumental)

NON ME DEIXAN COMER
NIN AZUCRE NIN SAL
MANDÁRONME IR CORRER
SAÍUME UNHA HERNIA DISCAL

QUE HEI DE FACER…

acordes: SOL DO SOL RE DO mi la SOL // RE DO SOL DO SOL RE SOL


ESA HORA CHEGARÁ (OS AMIGOS DOS MÚSICOS)

CREMOS QUE ONTE XA PASOU
QUE O FUTURO NON CHEGOU
E AÍNDA ASÍ NON SOMOS QUEN
DE SER NÓS MESMOS, ALGUÉN

ESPERAMOS ALCANZAR
O HORIZONTE TRA-LO MAR
PERO AS ONDAS BATEN XA
TEMOS MEDO COMEZAR

E SEREMOS XA MOI VELLOS
PARA APROVEITAR O TEMPO
E SEREMOS XA TAN VELLOS
ESA HORA CHEGARÁ

estrofa A

estrofa C

E CONQUISTAREMOS
COMA O REI DAVID
ESA HORA CHEGARÁ
COMO A MAREA NA PRAIA
POUCO A POUCO CHEGARÁ

acordes: SOL DO la RE7ª / la RE7ª SOL la DO RE7ª SOL mi DO RE7ª SOL


ESTA NOITE (LAMATUMBÁ)

HOXE QUERO BEBER
FECHAR PRA NÓS ESTE BAR
BRINDAR CON PROPIOS E ESTRANOS
POR NADA MÁIS SERIO CA NÓS.

AGORA QUERO BEBER
DEIXAR SECA A TABERNA
NAMORAR NA CAMAREIRA
E ESQUECER QUE XA TE PERDÍN.

E SE VAI E VAI E VAI
ESTA NOITE CONSIGO FUXIR
DO TEU RECORDO PERDIDO
HABEMOS BRINDAR CON CHAMPÁN.

MAIS SE NON VAI NON VAI NON VAI
E ESTA NOITE VOLTAS A MIN
DEIXÁDEME SÓ NA CANTINA
QUE NINGUÉN ME VEXAAAAA CHORAR.

ERGUER BEN ALTA ESTA COPA
DE NOITE VIÑO E SUOR
ESPERTAR MAÑÁ COA RESACA
DE NON DURMIR ONDA TI.

E PRA CANDO NOS BOTEN Á RÚA
SACÁDEME EN PROCESIÓN
DEVOTO DA VIRXE DO EXCESO
PERDIDO CO SEU PERDÓN.

E SE VAI…..

MÁIS SE NON VAI…..

acordes: SOL RE DO mi


ESTOMBALLADA (A BANDA DA BALBINA)

AS PERICAS TEÑEN FAME,
FILLA HERBA HAI QUE IR BUSCARE
QUE DESPOIS NA NOITEBOA
CARNEIRO NON VAS PROBARE
ALA, MARCHO CA GHADAÑA,
VARIOS FEIXES VOU PAÑARE
PERO Ó VE-LA HERBA FRESQUIÑA
SÓ ME QUERO ESTOMBALLARE.

ESTOMBALLADA, ESTOMBALLADA,
ESTOMBALLADA NA VEIGHA,
ESTOMBALLADA, ESTOMBALLADA,
A LEIRA PA QUEN’A QUEIRA
ESTOMBALLADA, ESTOMBALLADA,
ESTOMBALLADA NA VEIGHA,
ESTOMBALLADA, ESTOMBALLADA,
A LEIRA PA QUEN’A QUEIRA

ÁS TRES DA TARDE EN AGHOSTO,
PATACAS IMOS PAÑARE
QUE VEN O HOME DO TRACTORE,
E LOGHO QUERE MARCHARE
ALA, IMOS CA EMPANADA
E O VIÑO PA MERENDARE
INDA NON TRABALLÍN NADA
E XA ME QUERO ESTOMBALLARE

RETROUSO

SI TES GHALOS E GHALIÑAS
MILLO HAS DE SEMENTARE
MENTRES LLE ESPANTA-LOS CORVOS
XA LOGHO TES QU’IR SACHARE
ENRIBA VEN A VENDIMA,
DAS ABELLAS HEI TORNARE
NON SEI SI PISA-LO MILLO,
E AS UVAS ESFOLLARE.

AI, MIMÁ,
AI QUE DEMO DE RAPAZA,
NON SEI QUEN ME VAI HERDAR
NON ME SERVE PARA NADA,
SÓ SE QUERE ESTOMBALLAR.

RETROUSO (2 VOLTAS)

acordes: LA MI RE


EU OÍN (CANTAREA21)

EU OÍN O MEU AMOR CANTAR
E NON O PODO VER
TRAEME A SÚA VOZ O VENTO
E NON O PODO VER

CEGO CORAZÓN NON BATAS TANTO
QUERO OÍR O SEU CANTO
OÍNO POR ALÍ, OÍNO POR ALÁ

EU OÍN CANTAR O MEU AMOR
E MORRO SEN SABER
SE É PRA MIN O SEU ALENTO
E MORRO SEN SABER

CEGO CORAZÓN…

EU OÍN O AMOR CANTAR ASÍ
SE CANTARÁ POR MÍN
NON ME SAE DO PENSAMENTO
SE CANTARÁ POR MIN

CEGO CORAZÓN…

acordes: SOL RE7ª


FEIJÓO (POETARRAS)

O CREADOR DO TERMO «TIS CHE TEIN»
NON PUXO NUNCA UN PRONOME BEN
EL FALA MAL IGUAL GALEGO E CASTELÁN
CON GLORIA LAGO FÍXOSE MAIOR
USOU O IDIOMA PARA AS ELECCIÓNS
ARMA POLÍTICA SOCIOLINGÜÍSTICA

DECRETO VAI, DECRETO VÉN
DIALECTOS PARA EL ALMACÉN
EN ESPAÑOL OU EN INGLÉS
PERO EN GALEGO NON HAI REN
ENQUISA VAI, ENQUISA VÉN
GALEGO QUERO APRENDER
POIS ISO XA NA CASA DE CADAQUÉN

EL VAI CON MARCIAL DORADO NUN BARCO;
AMIGO DUN NARCO
O NENO DA ALDEA
CON DÉFICIT DE FORMACIÓN
VAITE
QUE AS TÚAS AMIZADES NON SON D’OS PEARES
ESTÁN EN MADRID, FEIJÓO, OH, OH, OH,OH,OH,…..
ESTÁN EN MADRID, FEIJÓO

ALBERTE CONVERTEUSE EN NARIGÓN
CONTANDO TROLAS NA TELEVISIÓN
COMO QUE LÍA A ROSALÍA

PONTE

RETROUSO CON DOBRE OH,OH,OH

NEVE, NEVE, NEVE, NEVE, NEVEEEEE

RETROUSO CON DOBRE OH,OH,OH

acordes: RE si (ponte SOL; no retrouso SOL LA7; neve LA7)


FOLIADA DE CONXO (CANTAREA21)

ALÁ FUN, PARA CONXO (8 veces)

FUN DE SANTIAGO PARA CONXO POLO SAR
XA SABÍA EU QUE ME ÍA NAMORAR
FUN DE SANTIAGO PARA CONXO E ALÍ QUEDEI(E)
FUN DE SANTIAGO PARA CONXO AI AMOR POR VERTE

POLO RÍO VOU ANDANDO
OS PAXARIÑOS CANTANDO
E AGORA NON ME VOU DE AQUÍ
POIS TOLEEI AMOR POR TI (bis 2 últ.)

CANDO ME OÍRON EN CONXO A CANTAR
XA ME DIXERON QUE PODÍA QUEDAR
FUN DE SANTIAGO PARA CONXO E QUEDEI INTERNO
E AGORA PASO EN CONXO VERÁN E INVERNO

(BIS ENTEIRA)

ALÁ FUN PARA CONXO (8 veces)
DANDO UNHA VOLTIÑA POLO SAR


HOXE AQUÍ (CÉ ORQUESTRA PANTASMA)

VENTE VENTIÑO DO NORTE
VENTE VENTIÑO MAREIRO
VENTE VENTIÑO DO NORTE
SERÁS O MEU COMPAÑEIRO

HOXE AQUÍ MAÑÁN ALÁ
PASADO MAÑÁN NA FEIRA
DESTE XEITO VAI PASANDO
ESTA VIDA PASAXEIRA

ASUBÍA MANOLIÑO
ASUBÍA QUE FAI VENTO
TAMÉN ASUBIABA
CANDO ERA DO TEU TEMPO

RETROUSO
LOLOLOLO

ANTES DE ONTE AÍNDA ERA UN NENO
HOXE XA SON UN ANCIÁN
DARVOS CONTA MEUS AMIGOS
COMO O TEMPO VAI ANDANDO

RETROUSO

SABE DEUS DE HOXE NUN ANO
ONDE ESTARÁ O MEU CORPO
OU EIQUÍ OU NOUTRO LADO
OU NA SEPULTURA MORTO

RETROUSO
LOLOLOLO

O MERLO CANTA NA PÓLA
O PEIXE NADA NO MARE
O QUE VAI CAMIÑO ADIANTE
QUE HA FACER SENON CANTARE

RETROUSO

TODA A MIÑA VIDA ANDIVEN
AIRE VENDENDO NUN FOL
AGORA QUE SON VELLIÑO
GAITEIRO DEITATE AO SOL

RETROUSO
LOLOLOLO

acordes: SOL RE // retrouso: SOL DO SOL RE SOL


NABO, NABIZA, GRELO (A TROBA DO BUGALLO)

ESTA É A NOSA TRADICIÓN
DO NOSO CAMPO GALEGO
É COMO UNHA RELIXIÓN
O NABO, A NABIZA, O GRELO.

NABO, NABIZA, GRELO (x3)
ESE É O GRAN SEGREDO
GRELO, NABO, NABIZA (x3)
É O SEGREDO DA GALIZA
GRELO, NABIZA, NABO (x3)
É O SEGREDO DO CARALLO.

A NOSA FLOR DA NABIZA
TEN O CAMPO AMARELADO
CANDO LLE FLORECE O GRELO
É QUE ESTÁ CONTENTO O NABO.

RETROUSO

ESTA NOSA ECONOMÍA
DA FAME NOS VAI QUITAR
NON TEREMOS GASOLINA
PERO SI INDUSTRIA NABAL.

RETROUSO

acordes: RE LA SOL


NO MEU PAÍS (OS RASTREROS)

NO MEU PAÍS NON SABE CHOVER
NO MEU PAÍS NON SABE CHOVER
OU CHOVE MOITO OU NON CHOVE NADA
NO MEU PAÍS NON SABE CHOVER

OS QUE SON RICOS TÉÑENO TODO
OS QUE SON RICOS TÉÑENO TODO
E NÓS ESTAMOS COMENDO PAPAS
E NÓS ESTAMOS A VELAS VIR

SE ROUBAS MOITO SERÁS BANQUEIRO
SE ROUBAS MOITO TERÁS CACHÉ
O SEÑOR CURA NON PAGA NADA
E OS QUE TRABALLAN PAGAN POR TRES
SE ROUBAS MOITO SERÁS MINISTRO
SE ROUBAS POUCO VAS PRÓ CUARTEL

NO MEU PAÍS NON SABE CHOVER
NO MEU PAÍS NON SABE CHOVER
NA TELEGAITA TODO BEN ANDA
E SE BEN ANDA TODO VAI BEN
OU CHOVE MOITO OU NON CHOVE NADA
NO MEU PAÍS NON SABE CHOVER

NON SABE CHOVER
NON SABE CHOVER
NON SABE CHOVER
NON SABE CHOVER

RIF: LA RE LA SOL DO (MI 5º, LA 5º, MI 5º, MI 3º, LA 3º)

acordes: LA RE MI LA FA# RE MI


NON BEBO MÁIS (THE DUBLINERS)

UN ANO DE ESMORGA PASEI SEN PENSAR
CERVEXAS E COPAS BEBÍN SEN PARAR
ELEFANTES ROSAS COMENCEI A VER
FOI CANDO PENSEI EN DEIXAR DE BEBER.

É QUE NON, NON, NUNCA
NON, NON, NUNCA, XAMÁIS
TOMAREI OUTRA COPA
XA NON BEBO MÁIS.

PARA DESPEXARME UN CAFEÍÑO TOMEI
SAÍN DO FURANCHO E PRA CASA MARCHEI
LEVO MÁIS DUN ANO SEN APARECER
A VER QUÉ LLE CONTO Á MIÑA MULLER.

É QUE NON…

XUNTO Á MIÑA CASA, ONDE HABÍA UN SOLAR
NESTE ÚLTIMO ANO ABRIRON UN BAR
MIRA TI QUE SORTE, -PENSEI PARA MIN-
VOU TOMAR A ÚLTIMA ANTES DE SUBIR.

É QUE NON…

ENTREI POLA PORTA, NON O PODÍA CRER
¡A TABERNEIRA ERA A MIÑA MULLER!
XA PODO IR PENSANDO CON QUÉ VOU PAGAR
¡SEGURO QUE NESTE NON ME VAN FIAR!

É QUE NON… (BIS)

acordes: SOL DO RE


NON CHORES MÁIS (THE KINKS)

NON CHORES MÁIS
TES QUE PARAR (bis)
DE CHORAR TANTO

PORQUE É O QUE TES QUE FACER
PRA QUE EU TE POIDA QUERER
ASÍ QUE NON CHORES MÁIS (bis)

TES QUE RIR
É MELLOR RIR (bis)
QUE CHORAR TANTO

PORQUE É O QUE TES QUE INTENTAR
PRA QUE EU TE POIDA AMAR
ASÍ QUE NON CHORES MÁIS (bis)

VÉS ONDA MIN
CON BÁGOAS NOS OLLOS
SEMPRE É ASÍ
E A MIN DANME GANAS
DE DARCHE UNHA APERTA
E NON PODO

LARALA…
PORQUE É O QUE TES QUE FACER
PRA QUE EU TE POIDA QUERER
ASÍ QUE NON CHORES MÁIS (5 veces)

acordes: MI LA (MI no 5º) SI (MI no 7º)
ton: LA


O ROUBADOR (CANTATA VERNÁCULA)

ROUBEI NA CASA DO CURA
PENSEI QUE ESTABA A DURMIRE
ENTRAR NON ME FOI DIFICIL
O CARALLO FOI SAIRE.

ENTREI NA DO SEÑORITO
PENSANDO QUE HABÍA FARTURA
E PELEXEIME CO CAN
POR UNHA CODELA DURA

FUN ROUBAR AO CUARTELILLO
VESTINME DE PANADEIRO
E CARGÁRONME NO LOMBO
LEÑA PARA UN FORNO ENTEIRO

PODERÁS DICIR QUE SI
PODERÁS DICIR QUE NON
PERO POR QUEN ESTOU PRESO
É POLO TEU CORAZÓN

acordes: SOL DO SOL RE SOL / SOL RE DO


QUEN ME DERA NA CASIÑA (SINIESTRO TOTAL)

QUEN ME DERA DE VER
OS TEUS OLLOS DE NOVO
QUEN ME DERA ESCOITAR
O SON DA TUA VOZ NO XARDÍN
QUEN ME DERA VOLVER
QUEN ME DERA NA CASIÑA
HAI DEZ MINUTOS QUE SAÍN
PERO EU LONXE NON PODO VIVIR

WISH I WERE AT HOME
WISH I WERE AT HOME
WISH I WERE AT HOME BY YOUR SIDE
WISH I WERE AT HOME
WISH I WERE AT HOME
WISH I WERE BY YOUR SIDE

MAIS MUNDO HABERÁ
QUE NON, QUE NON QUERO VELO
HAI UNHA SELVA AÍ FORA E POR MIN
QUE QUEDE SEN EXPLORAR
QUEN FORA UN RAPAZ
QUEN ME DERA NA CASIÑA
SEN TER QUE SAÍR TRABALLAR
DEZ METROS OU MÁIS MÁIS ALÁ

RETROUSO / INSTRUMENTAL / RETROUSO

QUEN ME DERA DE VER…..
(1ª ESTROFA)

RETROUSO (BIS)

acordes: estrofa: LA RE MI7 LA SI MI7
retrouso: RE LA fa# MI7 RE LA MI7 LA


QUÉROTE MÁIS (O SONORO MAXÍN)

TEÑO SOÑOS DE COLORES
CANDO NON PODO DURMIR
SIGO ESPERTO TODA A NOITE
E NON DEIXO DE BULIR
DANDO VOLTAS NO MEU LEITO
TEÑO GANAS DE VOAR
SÁEME O CORAZÓN DO PEITO
SEICA PODERÁ ESTOUPAR.

CANDO FACEMOS O PINO
A LIMPAR NO CEO OS PÉS
OU BOTAMOS ATURUXOS
ANTES DE QUE PASE O TREN
CANDO CHE DOU A PULSEIRA
FEITA CON MIL ALECRÍNS
MÍROTE OS OLLOS DECOTE
PRA PODERCHE ASÍ DICIR.

QUÉROTE MÁIS, QUERO QUÉROTE MÁIS
QUE Á TORTILLA DE PATACAS CON XAMÓN
QUÉROTE MÁIS, QUERO QUÉROTE MÁIS
CADA VEZ QUE ME LATEXA O CORAZÓN.

TEÑO NA BOCA UN SORRISO
E NOS OLLOS UN CANDIL
QUE NINGUÉN PODE APAGAR
CANDO CORRES XUNTO A MIN
O MEU CORPO TREME ENTEIRO
TREMEN PERNAS TREMEN MANS
SÁEME O CORAZÓN DO PEITO
SEICA PODERÁ ESTOUPAR
AO PINTAR ARCOS DA VELLA
DE COLORES POLO AR
CANDO ESCRIBES O MEU NOME
NUN ESPELLO OU NUN CRISTAL
AO ACENDERMOS UNHA RADIO
E ESTE SON PODER OUVIR
MÍROTE OS OLLOS DECOTE
PARA PODERCHE DICIR.

RETROUSO

MAITE ZAITUT, MAITE MAITE ZAITUT
QUE Á TORTILLA DE PATACAS CON XAMÓN
MAITE ZAITUT, MAITE MAITE ZAITUT
CADA VEZ QUE ME LATEXA O CORAZÓN

RETROUSO á capella

RETROUSO

acordes: intro: LA fa# // LA MI fa# do# RE LA RE MI // LA fa# RE MI


SE CADRA (SES)

SE CADRA NON FALEI
SE CADRA ESTABA TRISTE
SE CADRA É QUE MENTÍN
OU TI TE CONFUNDICHES.

NON ASINA QUEN SON
TODO O QUE ASEGURABA
VOLTEI A NON SABER
OUTRA VEZ NON SEI NADA.

E CANDO POLA FIESTRA OS MEUS OLLOS MIRAN
E NO MEDIO DA NOITE SE VEN PERDIDOS
CANTO POLOS QUE CHORAN AS DESPEDIDAS
E CHORO POLOS QUE VIVEN ARREPENTIDOS.

E AGORA QUE APRENDÍN QUE TODO SE PAGA
QUE NON COMUNGA COA INOCENCIA ESTA VIDA
CHORO POLOS QUE VIVEN ARREPENTIDOS
E CANTO POLOS QUE CHORAN AS DESPEDIDAS

ESQUECÍN SE A RAZÓN
FIXO ACTO DE PRESENZA
MAIS HOXE HAI UN POR QUE
ONDE HOUBO INDIFERENZA

MEDO DE NON SABER
COMO DICER VERDADES
COMO CHEGAR A SER
UN PASADO AGRADÁBEL.

RETROUSO

acordes: LA MI (7ª) RE


SE ME DAN A ESCOLLER UN PAÍS (OS DA RÍA)

SE ME DAN A ESCOLLER UN PAÍS
EU DIGO GALICIA
E SE ME DAN A ESCOLLER UN PARAÍSO
EU DIGO GALICIA
E SE ME DAN A ESCOLLER UNHA PALABRA
QUE RIME CON PRESBICIA
EU DIGO GALICIA
E SE TEN QUE RIMAR CON ICTERICIA
TAMÉN DIGO GALICIA

BIS

E SE ME DAN A ESCOLLER UNHA PALABRA
ENTRE TODAS AS PALABRAS
EU DIGO GALICIA
QUE ADEMÁIS DE RIMAR CON PRESBICIA
TAMÉN O FAI CON ICTERICIA

BIS

acordes: DO FA DO // FA SOL DO la FA RE7ª SOL
FA SOL DO la FA SOL FA DO


TEMPESTADES DE SAL (SES)

NESTA TERRA QUE FAI TESTAMENTOS
QUE ACOLLE OS LAMENTOS E ANIMA A OLVIDAR
INFECTADA DE SANGUE USUREIRO
CACIQUES MODERNOS MECENAS DO MAL
VIVO DENTRO DUN MONTE DE AREA
TINGUIDO DE BREA QUE NON LIMPA O MAR
COA ESPERANZA DE TOMAR ALENTO
PRA VER O MOMENTO DE NOS LIBERTAR.

MAIS AÍNDA SEGUIMOS AQUÍ
A ATURAR TEMPESTADES DE SAL
RESISTINDO A VIOLENCIA DE MANS
DESAS SERPES E CANS
QUE NOS QUEREN CALAR.

COMPAÑEIRAS NOS SOÑOS DO EDÉN
UNHA ILLA NO MEDIO DO MAR
QUE ILUMINAN O LOITO MÁIS NEGRO
QUE ESQUECE O DESTERRO
E O MEDO A LOITAR.

CANDO AS MARCAS SE GRAVAN A FERRO
E A DOR E A XENREIRA NON DEIXAN SORRIR
AS PENURIAS VAN ALÉN DA FAME
FALTA A IDENTIDADE QUE AXUDA A VIVIR
SÓ SE CALMA O RUÍDO DA RAIBA
COA FORZA QUE QUEIMA NA GORXA AO BERRAR
QUEREMOS CURAR A FENDEDURA
OLVIDAR A TRISTURA E VOLTAR COMEZAR.

SKA: RETROUSO
1ª ESTROFA
RETROUSO
1ª PARTE DO RETROUSO

acordes: LA MI RE


VISTA ALEGRE (ATAQUE ESCAMPE)

CANDO VAIA MORRER
ENTERRÁDEME AQUÍ EN VISTA ALEGRE
CUNHA CUNCA NA MAN
E NA BOCA UN BIGOTE DE PREBE
CANDO DIN
CANTAS QUERES TI? CANTAS POR AQUÍ?
EU QUERO CALLOS E VIÑO
E CAFÉ CON COÑÁ
PRA AGUANTAR ESTA NOITE O CAMIÑO
CANDO O MUNDO REBENTE
ESPERÁDEME AQUÍ EN VISTA ALEGRE
SEI QUE É MOITO PEDIR
PERO É QUE EU AQUÍ SON FELIZ
E BAIXANDO DO TAMBRE
PRA O PULPO E PRA O BAR DA SEÑORA
E DESPOIS MARIÑEIRO
PORQUE IMOS COLLER UNHA BOA

LAILOLAILO
E BAIXANDO DO TAMBRE
PRA O PULPO E PRA O BAR DA SEÑORA
E DESPOIS MARIÑEIRO
PORQUE IMOS COLLER UNHA BOA
E DESPOIS MARIÑEIRO
PORQUE IMOS COLLER UNHA BOA

acordes: MI SI7ª do# LA


VIVA LA VIDA (COLDPLAY)

XOGUEI A SER O REI
E ABUSEI DO PODER DA LEI
E AGORA SEI QUE XA NON VOLVEREI
AO CASTELO ONDE REINEI

EU ERA O MANDAMÁIS
INSPIRABA TEMOR NOS DEMAIS
PERO UN DÍA COMPRENDÍN
QUE O MEU TEMPO ACABOU, ERA O MEU FIN
E TODO O QUE CONSEGUÍN
DERRUBOUSE A PÉ DE MIN
ENTÓN SOUBEN QUE O CASTELO AQUEL
TIÑA PÉS DE PAPEL, PÉS DE PAPEL

SEI QUE AS MIÑAS PALABRAS MINTEN
NON DIN O QUE O MEU PEITO SINTE
SÓ ESPERO UNHA MAN TÚA
EU QUE CHE PROMETÍN A LÚA
ESE XOGO XA REMATOU
SÓ CHE PIDO QUE ENTENDAS
QUE XA NON MENTIREI
ISO FOI CANDO ERA REI

UN VENTO TOLO TOLEOUME A MIN
TOMBOU AS PORTAS NAS QUE BATÍN
NIN SEQUERA SEI COMO EMPECEI
E NINGUÉN PODE CRER COMO ACABEI
TODO O MUNDO QUERE VER
A CABEZA DO REI CAER
COMO UN TÍTERE QUE NON TEN FÍO
QUEN TE VE E QUEN TE VIU

RETROUSO

acordes: DO RE SOL mi