Cea castrexa
En datas pasadas tivemos un video venres sobre a historia menos recente, dos castros e a cultura celta. Naquela memorábel data somentes tratamos intelectualmente do asunto. Agora toca enchelo bandullo para continuala controversa, recreando a cociña daqueles tempos épicos. Xantaremos os corpos moles dos moluscos, e amorearemos cuncheiros nos pratos, repoñeremos forzas cun caldeiro ou pote máxico e as filloas recheadas ou non e libaremos da doce sidra ou da amarga cervexa. Voltaremos dos confíns dos verdes castros até o local da Troita, ergueito sobre un valeroso chán.
PROGRAMA.
Xantar inspirado na dieta que tiñan os ancestros nos castros, mariscos de cuncha, filloas, pote máxico, cocas de mazá, sidra e cervexa, e música daquela.
Cando:Sábado 12/03
Onde:Local Troita Armada
Hora:21:00