Chegamos á 28ª asemblea

O vindeiro sábado 29 de xaneiro de 2022, se a pandemia non o impide, habémonos xuntar de novo para celebrar a 28ª asemblea xeral da Troita Armada, e se é posible, tamén o agardado xantar democrático de confraternización. Aínda parece que foi onte cando o covid tronzou a celebración do noso XXV aniversario e agora resulta que xa pouco nos falta para o XXX! Corren tempos estraños, mais aínda así tamén é tempo de render contas dos últimos proxectos, de presentar novas iniciativas e de imaxinar entre todxs o camiño que temos por diante. Agardemos que os máis de nós esteamos sans e poidamos acudir. La truite continue!