COLOMBIA NA TROITA

O agardado xantar colombiano celebrouse por fin o sábado 4 de maio

Logo de varias tentativas puidemos facer o convivio coa comunidade colombiana tan presente no local nos últimos tempos. Grazas a todas as persoas que colaboraron e especialmente a Diana por facelo posible. Fantástico o xantar a base de cebiche, frijoles e bandeja paisa, e toda unha sorpresa o agasallo final coa exhibición de baile dunha cumbia tradicional. Bien chévere!