Comeza o curso en Itaca

Ola a todos e a todas!

Comeza o curso en Itaca e temos moitas novidades!

Xuntamos as actividades para este 1º trimestre do curso 2015-2016: mantemos as actividades de sempre e engadimos algunha nova. Tamén temos algún cursiño interesante… non deixedes de botarlle un ollo!

Por outra banda, xa temos organizada a primeira actividade do programa: Cámbialle a cara aos domingos. Arrincamos cun Tango!

Máis info e subscricións en info@itaca.gal

En canto ás actividades de toda a vida xa vos podemos adiantar que:
– A ruta para a rapazada está prevista para o 6, 7 e 8 de novembro.
– O Magosto coa Troita será o sábado 21 de novembro.
– E por último, o noso tradicional cocido itaqueiro será o domingo 13 de decembro.

Iremos concretando segundo se achegue o “evento”, de momento ide gardando datas!

Bicos e apertas!