COMPOSTELA HAI 900 ANOS
Presentación do libro Unha escolma da Historia Compostelá
Apenas comezado o século XII, o último bispo e primeiro arcebispo de Compostela, Diego Xelmírez, decidiu facer un blog e mandou rexistrar as súas feituras. O seu escritorio traballou arreo corenta anos para culminar unha obra monumental con moitos libros dentro: a Historia Compostelá. Minuciosa, fragmentaria, tendenciosa, intrigante, unha auténtica máquina do tempo que nos transporta a outro mundo.
Discordia & Reconciliatione: Unha escolma da Historia Compostelá traduce ao galego fragmentos e episodios memorables e navega a través dese retablo vivente ateigado de prodixios.
Na presentación do sábado 19 de outubro ás 18:00 horas, na Troita Armada (Rúa do Pombal 18), pasaremos a tarde lendo e conversando arredor dunha merendiña.
Pódese ir abrindo boca no sitio Escolma da Historia Compostelá
Reservas:
email: info@atroita.org
whatsapp: 669 376 515
