Defuntaza 2022
Que terá lugar o 28 de outubro de 2022 (calendario terrestre)
Un ano máis xuntamos as forzas dos de aquí coas dos que van alá. Estamos xuntos, aínda que as dimensións nas que andamos non nos permiten relacionarnos cos sentidos habituais. Mais a defuntaza volve convocarnos para irmanar as nosas presenzas nesa “Santa Compaña Armada”.
O manifesto aínda está en proceso de “escritura automática”. Se queres ver os manifestos anteriores preme neste enlace.
Este é o programa:
20:30 – San Xaime (Raíña)
21:00 – La Cueva (Raíña)
21:30 – María Castaña (Praciña do Franco)
22:00 – Ventosela (Praciña do Franco)
22:30 – Ourense (Praciña do Franco)
23:00 – O Barril, ou o Abellá, ou o Piorno (Franco)
23:30 – O 42 (Franco)
00:00 – Calpe (Ruela do Peso)
00:30 – Fonda (Ruela do Peso)
- Este é o horario no que cada un/unha poderá atopar, previsibelmente, a santa compaña armada.
- Outro ano máis a organización non ten previsto cea, de maneira que cada individualidade deberá buscar o mellor momento para meter algo sólido no bandullo, de consideralo oportuno. Ao longo da ruta haberá varios bares onde se pode picar ou pedir bocatas.
- Aínda que non é necesario apuntarse, agradecese que o fagades para calcular asistencia e avisar a Protección Civil.
- Para facilitar a orde das accións, recoméndase organizarse en fondos libres, máis ou menos do tamaño de semiducias.