Descubrindo Betanzos
O sábado 31 de maio Lar de Unta acolle á Troita Armada nunha xornada de convivio en Betanzos

A asociación betanceira Lar de Unta, coa que nos une unha vella amizade que retomamos coa súa asistencia ao noso 30 aniversario, animouse a organizar este encontro cun entusiasmo que cómpre agradecer.
A visita inclúe de mañá un percorrido guiado polo Betanzos histórico seguido por un xantar no seu local, que se promete festeiro. Ofrecen tamén un roteiro de viños tipo furancho na noite do venres 30 para quen se anime ou queira pasar alí a noite. Así que será cousa de irse organizando por medio do email info@atroita.org. E non esquezades que este domingo día 11 xuntámonos para preparar a cantarea, tamén aí podemos ir ultimando os detalles do noso desembarco betanceiro.
Vémonos!