Dialogue for tomorrow

REMATADO O PROGRAMA “DIALOGUE FOR TOMORROW”, COA PARTICIPACION DE ITACA

Diálogo Europa

O PROXECTO ‘DIALOGUE FOR TOMORROW’ CHEGA AO SEU FIN
Chegou ao seu remate o proxecto ‘Dialogue for Tomorrow’ (‘Diálogo paraun mañá’) no que Xandobela colaborou coa Asociación Cultural e Xuvenil ITACA de Compostela que, en parcería con cinco entidades de outros tantos países europeos (Polonia, Eslovenia, Estonia, Lituania e Austria), durante dous anos desenvolveu un proxecto Grundtvig de
Aprendizaxe permanente de adultos. O proxecto ‘Dialogue for Tomorrow’ é unha iniciativa baseada na experiencia e historia de vida dos nosos/as maiores e a aprendizaxe mutua entre xeracións, e busca traballar a promoción do diálogo interxeracional a través do desenvolvemento de actividades e o intercambio de boas prácticas.

Ao longo de dous anos desenvolvéronse as seguintes actividades:

VISITAS DE COORDINACIÓN E APRENDIZAXE a seis países:

Polonia, decembro de 2012.
Eslovenia, febreiro de 2013.
Polonia, agosto de 2013.
Estonia, outubro de 2013.
Galicia, xaneiro de 2014.
Lituania, marzo de 2014.
Austria, xuño de 2014.

UN ENCONTRO EN GALICIA DACABALO ENTRE COMPOSTELA E VIGO. Pinchando aquí
terás máis información:
http://www.4shared.com/office/Y8Tv5Dmsce/Documento-1gzcompressed__1_.html

ACTIVIDADES LOCAIS, como a primeira Biblioteca Vivente desenvolvida en Santiago de Compostela, en colaboración co Museo do Pobo Galego. Aquí
podes acceder ao catálogo de Libros:
https://dialoguefortomorrow.files.wordpress.com/2014/02/catacc81logo-tesouros-vellos-para-xente-nova.pdf

EXPERIMENTOS ITAQUEIROS, como o proxecto ‘Quiroga Viva’, de diálogo interxeracional e divulgación do patrimonio cultural inmaterial no tempo
libre: http://itacaenquiroga.weebly.com/

E unha chea de aprendizaxes máis…

Eis aquí algúns vídeos e a memoria gráfica do proxecto:
http://dialoguefortomorrow.wordpress.com/outcomes-2/shortfilms/

https://www.youtube.com/watch?v=sMK0i33RFAI&feature=youtu.be

Máis información, na web do proxecto pinchando aquí:
http://dialoguefortomorrow.wordpress.com/

 

REMATADO O PROGRAMA “DIALOGUE FOR TOMORROW”