Defuntaza e pasabodeghas
Este sábado 25 de outubro a Difuntaza e o Pasaboghas xuntarán forzas na súa procesión lúdico reivindicativa no espazo cultural aberto ao mundo de San Miguel de Sarandón en Vedra.
No pasabodeghas iranse probanse os distintos “caldos” que nos ofrecerán os furanchos da zona ata xa entrada a noite. En cada furancho hai unha exposición de cousas variadas (videos, artesanía, xogos populares…) e ademáis a participación de, polo menos,unha banda musical. Ao principio da ruta cada participante compra a súa cunca que será a que irá enchendo en cada furancho.
Máis información sobre o pasabodeghas:Espazo Activo da Ulla – Ruta Pasabodeghas en Vedra
e tamén na súa páxina de facebook
Para organizarnos quedamos no mesmo campo da festa de San Miguel de Sarandón. Para chegar ata alá hai que coller a estrada vella de Ourense e ao pasar Lestedo, coller unha desviación a man dereita que pon Sarandón.