Defuntaza lóstrego

(La última en gallego, RIP)

Os defuntos continúan aí, agardando. Nós pasamos outro ano máis buscando un sitio para a alegría neste estado de susto permanente. Que carallo vai pasar mañá!!!? A saber. O que está claro é que o 31 é o 31, non falla. Continúa aí, agardando. É a última oportunidade do ano e cae en xoves.

O xoves 31 quedamos na Praza da Atalaia por volta das nove, sen plan, sen présa, sen documentos. Sairá un bando de troitas da fonte de San Roque que encetará o camiño ao alén no eterno Bar Nemenzo, para logo explorar improvisando a contorna inmediata polas Algalias e San Roque. De cando en vez botaremos man do móbil para localizarnos guerrilla style. Denantes mortos que enterrados!