En apoio a Carlos Santiago
Sentimonos na obriga de expresar a nosa opinión sobre a persecución que a representación artística de Carlos Santiago levantou por parte dalgúns sectores da nosa sociedade. Garantir unha sociedade libre e adulta implica non ficar na comodidade de quedar en silencio cando se persigue á xente libre, que se expresa de palabra sen agredir a ninguén.
A Troita Armada sempre foi unha asociación implicada na súa sociedade, e a nosa vocación cultural determina que teñamos unha opinión sobre un debate que afecta directamente a unha tradición cultural tan propia da nosa cultura como o entroido, e sobre a participación cívica na cultura en xeral.
A nosa opinión é que esta polémica forma parte da clásica e desagradabel reacción dunha tradición que se considera que está por riba do ben e do mal (ou que tal vez se considera, directamente, “O Ben”). Neste sentido non toleran que se fagan comentarios humorísticos ou satíricos sobre aquelo que eles representan (lembremos a reacción deste tipo de “visións” do mundo, en casos como os da famosa revista francesa ” Charlie Hebdo” na que todas as persoas, ou case todas, fomos Charlie por uns días).
Neste senso, hai que ter en conta ademais a época de entroido en que se fixo a citada representación, con todo o que significa o entroido na nosa cultura de inversión de roles, crítica á autoridade e irreverencia xeneralizada. Motivo polo que tradicionalmente nunca gustou demasiado en determinados ámbitos, pero que foi quen de resistir na súa expresión popular.
Evidentemente, como sempre se di, as representacións humorísticas e satíricas poden gustar máis ou menos individualmente, incluso en entroido, pero iso non pode implicar a súa censura como sociedade en xeral.
Por todo isto apoiamos o manifesto de apoio a Carlos Santiago asinado por asociacións e persoas, que se publica na seguinte web: