Falando claro
o vindeiro venres 3 de outubro teremos a presentación de Pepe
Sendón:”Falando claro”.
A historia do anarquista de Louro, Claro Jose Sendón Lamela (1897/1937).
Aofinal haberá un viño e pincho. O prezo da actividade é de 6 € .
Despois do exito de “Marx no Soho” na Troita Armada, Pepe presentanos esta
nova creación:
“Seguindo na liña documental iniciada con Marx no Soho, paso agora do
marxismo ao anarquismo para ocuparme dunha figura moi interesante e
practicamente descoñecida: o anarquista de Louro (Muros, A Coruña) Claro
José Sendón.
Non se trata deste volta dun monólogo teatral, senón dunha reconstrución
biográfica que eu cualifico “narración audiovisual” xa que o protagonismo
recae nunha colección de pequenos filmes que editei cos textos de Claro
e imaxes documentais da época, que eu vou esclarecendo e contextualizando
no palco.
Falando Claro é froito dunha investigación minuciosa que me levou moitos
anos e na que me impliquei moi persoalmente, pois, como delata o apelido,
o protagonista é familiar meu.
Espero que sexa do voso interese.
Unha aperta!”
Tamén podes ter máis información no seguinte perfil:
https://www.facebook.com/falandoclaro