Petróglifos e lobos

 

a coalición A Troita Armada-Colectivo Lingoretas propón unha saída conxunta para os días 10 e 11 de maio de 2013, sábado e domingo.
Unha fin de semana de petróglifos e lobos, dirixidos por Xosé Lois Vilar, da asociación de Estudos Miñoranos a ver petróglifos e lobos. Coñeceremos a Serra da Groba e a talasonimia (toponimia do mar).

Proposta:

1.- SÁBADO 10 DE MAIO DE 2013

Sábado pola mañá: saída de cada familia para chegarmos ao santuario de San
Campio, en Tomiño, onde pernoctaremos no Albergue de Peregrinos. Cómpre
levar saco de durmir e toalla. Reparto de habitacións, que son colectivas,
como no albergue de Atapuerca, quen ronque, que tome ovos crus de cea.

Xantar: cadaquén levará a súa comida, de bocatas ou do que queira, froita…, para comermos todos xuntos nun espazo habilitado para comer,
xunto ao albergue, que está xusto á beira do santuario de san Campio.

Logo de xantar, e de estarmos acomodados, marcharemos a facer un paseo pola Serra da Groba, acompañados de Xosé Lios Vilar. A cea nun restaurante
a determinar. Logo da cea, noite de petróglifos e de lobos. Iremos visitar as pedras rupestres á luz da lúa… dirixidos polo incansábel Xosé Lois Vilar. Cando teñamos visto un ou dous lobos, retornaremos ao albergue para durmir.

2.- DOMINGO 11 DE MAIO DE 2013

No albergue hai cociña, quen queira pode levar material para prepararse o almorzo, e deixar todo recollido despois (iso din as normas do albergue).
Quen o prefira, pode almorzar en calquera dos dous baretos que hai fronte ao santuario de San Campio.

Recollida e saída para a rota dos Muíños do Folón.

Xantar nun restaurante a determinar.

Logo do xantar, cadaquén para a súa casa.

O prezo por persoa aínda non sabe, pero se temos en conta que serán unha cea e un xantar, engadíndolle 2 euros por persoa para deixar de “esmola”
no albergue, pois non parece unha saída moi cara.

Para quen non queira durmir no albergue de peregrinos, porque a iconografía relixiosa reinante no lugar lle dá arrepíos, (por certo hai moita iconografía e frases lapidarias relativas ao mundo, ao demo e á
carne, pero non deixa de ser un lugar supercurioso, e que hai que ver), pode durmir de tenda de campaña nos terreos do propio santuario, ou en calquera dos campismos da zona.

É preciso anotarse canto antes, porque as prazas son limitadas (a capacidade do albergue é para 55 persoas), aínda que espazo para montar unha tenda de campaña hai moito…

páxinas por se queredes informarvos do santuario en cuestión

http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/tomino/sancampio.html

http://wikimapia.org/10827665/es/Iglesia-Parroquial-y-Santuario-de-San-Marti%C3%B1o-e-San-Campio-de-Lonxe-de-Figueir%C3%B3-Tomi%C3%