Volta en bici a Compostela

Almáciga, Mallou, Amio, Salgueiriños, Bonaval, Belvís, Alameda, Brañas do Sar, Sarela, O Espiño, A Rocha Vella, San Lourenzo, Laraño, Sarela, O Pedroso, Lermo, Galeras, O Romaño, San Lázaro, Ponte Pereda, Cornes…

Á IIª volta ao mundo sen saír de Compostela (aquí a primeira:http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4867589) terá lugar o sábado 9 de maio, seguindo o “Itinerario Verde” deseñado polo Concello, que vai de parque en parque da cidade. A ritmo de tartaruga e baixando da bici onde as circunstancias o requiran iremos percorrendo os vinte e tantos quilómetros da ruta.

Comezaremos a ruta no monte da Almáciga cun obradoiro de engraxado e posta a punto dos velocípedos ás 10:30h, para saír sobre ás 11:00h. Rapazol@s a partir de 9-10 anos están convidad@s a facer a ruta completa, iso si, agardando polos seus maiores. @s máis pequenos poderán incorporarse sobre ás 13:00h para facer un anaco máis curto,que continuaremos logo do xantar colectivo, e @s que queiran rematarán a ruta no punto de saída.

Convén apuntarse antes do xoves, 7 de maio, para poder reservar sitio para xantar.

 Mais información: info@atroita.org

 

--