Magosto A Troita / Itaca

Este venres 22 celebraremos o magosto na Troita Armada, xunto coa asociación Itaca.

 Para quen se poida achegar, ás 19h quedamos no local para botar unha man, picar castañas, aquelar as mesas…

Ás 20h a cita será na Praza do Toural. Para mozos e mozas maiores de 14 anos, co grande xogo “As castanhas máxicas!” dentro das actividades do “Boas Noites, pola asociación Itaca

A partir das 21h : MAGOSTO E CHOCOLATADA ata fartar! Iso si, como vén sendo tradición, as sobremesas son cousa de todxs, así que se agraceden cousiñas ricas para meter no dente 😉 E música, e ganas de pasalo ben… son de obrigada asistencia!

Sobre as 21.30-22.00h: Chegada ao local da xente xogadora para invocar o “Gran Magusto” que fará o reconto de puntos.

IMPORTANTE! Ide enviando correo confirmando se ides vir pois temos que calcular as cantidades!

Espallade isto entre os vosos contactos e vémonos o venres 22.