Magosto Itaca/A Troita
Bo día.
A Troita e Itaca xuntámonos unha vez máis para celebrar o MAGOSTO, que terá lugar o vindeiro venres 17 de novembro. Marca en vermello esta data na túa axenda! Aquí tedes o plan de acción 🙂
> Para quen se poida achegar, ás 19h quedamos no local para botar unha man, picar castañas, aquelar as mesas, o asador…
> Sobre as 20 h. comezaremos a probar as castañas, e as sobremesas que vaiamos traendo.
> Sobre as 21 teremos unha chocolatada
Como complemento do Magosto a asociación Itaca ten o seguinte programa:
> Para nenos e nenas maiores de 14 anos, ás 20h na Praza do Toural teran todo disposto para o Grande Xogo “As castanhas máxicas!” dentro das actividades do “Boas Noites”: unha xincana pola Alameda chea de probas e retos que deberedes superar para xuntar as castañas máxicas e invocar ao Gran Magusto. OLLO! É para maiores de 14 anos e tedes que vos apuntar mandando un correo electrónico. NON VOS DESPISTEDES!
> Ás 21h de volta no local: MAGOSTO E CHOCOLATADA ata fartar! Iso si, como vén sendo tradición, as sobremesas son cousa de todxs, así que se agraceden cousiñas ricas para meter no dente 😉 E música, e ganas de pasalo ben… son de obrigada asistencia!