NEVERMORE

2 Novembro, 2021

17 ativistas da Troita infiltrarom-se o dous de outubro en Madrid.

O nome clave da acción era NEVERMORE, e o punto de quedada as filas 4,5 e 7 do teatro María Guerreo.

18 anos despois de que 200.000 galegos e galegas foramos a Madrid a berrar Nunca Máis, segue sendo necessário nom esqueçer. A apresentaçom de NEVERMORE lembra que 19 anos depois daquela tragedia, “nos piores momentos da pandémia de Covid-19  e ante a falha de meios, algúns hospitais da costa galega lançam un chamamento à desesperada por se alguém conserva material do Prestige…enseguida afloran miles de trajes, óculos, luvas e mascarilhas empregadas para combatir a maré negra…. compre entender qué une aquelo con esto”.

 

A melhor embaixada cultural que ten hoje en dia a cultura galega estivo un mes en Madrid estreando a apresentaçom deste debate coa fondura e qualidade á que nos tenhen afeitos, e A Troita Armada mobilizou-se para estar com eles alí, acompanhandos “no mesminho bicarelo do bico do brelo”, e amosar que na Galiza nom tod@s imos na “processom dos caladinh@s”. Compre empregar a memória para entender melhor o presente.