O ouro de Ourense

bieito-iglesias-2

 

O vindeiro Sábado 27, ás 20.45h.  Bieito Iglesias, socio da Troita Armada, presentará no noso local a súa última obra “O ouro de Oursense”, unha guía da cidade con elementos da historía, da arquitectura, anécdotas, a transformación da cidade e unha maravillosa escolma fotográfica realizada por Xulio Gil.
Coma sempre, despois da presentación compartiremos unha cea coloquio con Bieito
“No mapamundi das letras e polo esforzo novelesco, xunto ao imperio Tolstoi, o condado
Faulkner e o boulevard Balzac,figuran o arrabaldo Blanco Amor, o paseo Risco, o toldo circense Casares ou o salon de alamos Otero”