Obradoiro de pan


Sábado 10, ás 17.30h.

A idea é facer un pouco de pan, e aprender a distinguir o pan indutrial do artesán.
Despois podemos facer unha merenda co pan producido.
Aprenderemos como se fai unha masa de pan, coa que podemos preparar un montón de comidas, como bocatas, pizzas, hamburguesas, ou simplemente para mollar en salsa ou comer pan con pan (comida de tont@s).
Veremos como se fai o fermento natural, e aprenderemos por que sube o pan. Tamén que tipo de fariña debemos mercar.
E logo faremos unha merenda “panarra”, como chama o cociñeiro David de Jorge (Robin Food) aos que nos gusta o pan.
A merenda será a base de Pizza natural, natural, natural… mini hamburguesas, focaccia (unha especie de pizza, que a faremos doce con crema y plátano ) e chocolate con tostas de pan caseiro.
Para que a actividade funcione ben hai un límite de 15 nen@s participantes e, como moito, un adulto por nen@