OUTRA NOITE MAINA
Un feixe de cancións e algún petisco. Pepe Sendón na voz, Suso Alonso no piano. Ese é o plan para o sábado 12 de novembro ás 21:00 no Pombal 18 baixo.
Un ano despois de iniciarse neste mesmo local da Troita Armada, a Noite Maina regresa á escena do crime en busca de acougo, que falta fai nestes tempos.
Podes acceder a un adianto do que escoitarás esa noite picando nesta ligazón.
E se te xuntas con nós, en amor e compañía, o chef Manrique pensa agasallarnos cun menú outonizo que incluirá: de primeiro, crema de cogumelos e castañas; de segundo, quiche armada; e de sobremesa, bica.
Vémonos!
As reservas de entrada, coma sempre, en info@atroita.org.