Presentación adiada

8 Marzo, 2020

Como contribución as medidas de contención do Coronavirus, adiamos a festa presentación do libro  conmemorativo do 25 aniversario da Troita Armada

Esperemos que coa restrición do contacto social a propagación do virus reduza a súa velocidade para que os servizos sanitarios poidan atender mellor aos casos máis necesitados.

Queremos aproveitar para agradecer á sanidade pública os esforzos que está a facer pola nosa comunidade mentres a sanidade privada ponse de perfil. Pese ás agresións das políticas de recortes e privatizadoras, a sanidade pública segue a ser unha das mellores conquistas da nosa sociedade. Esperemos que esta lección permaneza nas nosas memorias despois da crise.

En canto poidamos volveremos a convocar este magno evento da nosa Ilustre Sociedade Cultural Gastronómica, con forzas máis renovadas se cabe.

Un saúdo.