Ruta por Boqueixón
Chega a primeira ruta do 2018! Volvemos á zona de Boqueixón: A Ponte Ledesma.
Durmiremos no seu local social dende o venres 6 até o domingo 8 de abril.
Quedada: venres 6 de abril ás 17.45h na Estación de Autobuses.
Recollida: domingo 8 de abril ás 19.30h na Estación de Autobuses.
Lembrade levar: saco, estera, prato, cazo, cubertos, roupa cómoda para patear e a cea do venres.
Nota: é importante que a rapazada leve unha única mochila na que poidan meter todo (tamén o saco) e cargar con ela de forma cómoda e camiñar axilmente.
Xa sabedes, para apuntarse: correo a info@itaca.gal
Prazas: mínimo 10/ máximo 20