Privacidade

A Troita Armada é unha asociación inscrita no rexistro de entidades culturais. O seu enderezo é a rúa do Pombal, 18 e o correo de contacto atroita@itacafederacion.org. O seu NIF é G15453087. A finalidade desta páxina é transmitir información sobre as actividades e o proxecto da sociedade cultural e gastronómica “A Troita Armada”.
Certas partes do web atópanse restrinxidas para o seu uso exclusivo aos administradores do sistema, membros da directiva ou persoas socias da entidade, mediante a utilización dun nome de usuario e contrasinal. Os demais usuarios/as da páxina web poden acceder ás seccións públicas da mesma, debendo absterse de intentar acceder ás seccións restrinxidas, e sen necesidade de facer ningún rexistro especial.
A Troita Armada resérvase o dereito de realizar en todo momento, e sen necesidade de aviso previo aos usuarios/as do web, as actualizacións e modificacións que consideren oportunas tanto na información contida como na estrutura da páxina, así como a facultade de cambiar as condicións de acceso ao portal.
Tampouco A troita armada se fará responsable dos posibles fallos de comunicación, non podendo garantir por iso o funcionamento continuo e a dispoñibilidade de acceso á páxina web.
Nesta páxina non gardamos datos dos seus usuarios, agás os relacionados coa area privada de acceso restrinxido a persoas socias da Troita Armada e dos seus colaboradores.
Este sitio web está rexistrado no rexistro xeral de protección de datos.
É posible que nalgún momento algunha das páxinas do sitio web dispoña de cookies, que son pequenos ficheiros de datos que se xeran no computador do usuario ou cliente e que permiten aos nosos sistemas lembrar o idioma e o portal escollidos, así como outras características ou preferencias de navegación do usuario na súa primeira sesión. Estas “cookies” non son invasivas, nin nocivas, nin conteñen datos de carácter persoal, xa que a súa única función é personalizar a súa navegación na forma antes expresada.
O/A usuario/a comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.
Permítese a reprodución dos contidos propios desta web. No caso de contidos que esta web utilice que poidan ter reservado dereitos de autor deberán contar coa autorización dos seus lexítimos titulares.
Prohíbese a utilización do material desta web para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.
A páxina web da Troita Armada non se fai responsable de:
-A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
– A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte dos usuarios, dos contidos.
– O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes Condicións Xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública, do sitio web, os seus servizos ou contidos, por parte dos usuarios.
– A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros e postos a disposición dos usuarios no sitio web.
– O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigacións ou compromisos en relación cos servizos prestados aos / ás usuarios/as a través do sitio web.
Aos efectos de preservar os posibles dereitos de propiedade intelectual, no caso de que calquera usuario/a ou un terceiro/a considere que se produciu unha violación dos seus lexítimos dereitos pola introdución dun determinado contido na Web, deberá notificar dita circunstancia a sociedade cultural e gastronómica “A Troita Armada” indicando:
1. Datos persoais do/a interesado/a titular dos dereitos presuntamente infrinxidos.
2. Indicación dos contidos protexidos polos dereitos de propiedade intelectual e a súa localización na Web
3. Acreditación dos citados dereitos de propiedade intelectual.
4. Declaración expresa na que o/a interesado/a responsabilízase da veracidade das informacións facilitadas na notificación.
5. A lexitimidade dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes aos contidos achegados por terceiros/as é da exclusiva responsabilidade dos/as mesmos/as.
O establecemento de calquera “hiperenlace” entre unha páxina web e calquera das páxinas web do sitio web estará sometido ás seguintes condicións:
1. Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do sitio web sen citar a procedencia .
2. A troita armada non será responsable dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina web desde a que se realice o “hiperenlace” nin das informacións e manifestacións incluídas nas mesmas.

Uso e Tratamento de datos de carácter persoal
En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (en diante LOPD), os datos de carácter persoal obtidos como consecuencia dalgunha actuación da súa navegación, serán incorporados nos arquivos automatizados da entidade, podendo exercitar o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos. Por outra banda, mediante o rexistro dos datos, o/a usuario/a outorga o seu consentimento ao tratamento dos mesmos coas finalidades sinaladas de acceso a seccións específicas de carácter reservado. Esta páxina ten implantadas as medidas de seguridade de índole técnica e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos seus datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, perda e tratamento e/ou acceso non autorizado, tendo en conta do estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos, xa proveñan da acción humana ou do medio físico ou natural. Todo iso, de conformidade co previsto no artigo 9 da LOPD e no Real Decreto 994/1999, de 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Medidas de Seguridade dos Arquivos Automatizados que conteñan Datos de Carácter Persoal (RMS).

O interesado poderá exercitar os seus dereitos mediante comunicación por escrito dirixida ao enderezo da Troita Armada, ou ao seu correo electrónico