Quen paga por traballar

 

O congreso aprobou neste mes de xullo o chamado Decreto Ómnibus que regula sobre, polo menos, unhas 15 cousas moi diferentes nun só acto, por obra e gracia da maioría absoluta concedida polo electorado. Aparte de facilitarlle as cousas ás ETT , afondase na liberación dos custes empresariais á seguridade social e con descontos de 300 € sobre a cotización, coa suposta intención de promover o “emprego xuvenil” sen contrapestación algunha e incluso podéndose despedir aos seis meses por “causas económicas obxectivas”. A citada bonificación é compatíbel coa tarifa plana de 100€ aprobada no Decreto do mes de febreiro, no que xa se reduciran as achegas á seguridade social das empresas que necesitaran empregados.

En definitiva,cada vez son meirandes as achegas que facemos cos nosos impostos aos empresarios para “darnos” traballo, independentemente do tamaño das súas “empresas”. E paralelamente, todas subvencións e exencións fanse baixo o falso principio de “non intervención nos mercados”. Unha contradicción evidente pero que, sen embargo funciónalles electoralmente.

OfertasEmpleoweb

¿Ofrecese ou demandase?

Pagar por traballar estase convertendo en algo tan habitual na política económica dos gobernos como reducir os salarios e aumentar o tempo de traballo. Todo acompañado, por suposto, cunha reducción normativa da negociación laboral. Hai uns meses os traballadores da Fnac puxéronse en folga ao ver reducidos os seus salarios a 700€ brutos.

A reducción da demanda de traballo fai que moitas actividades insalubres, molestas ou perigosas atopen a súa xustificación, única xustificación!, en que xeran postos de traballo. A degradación das condicións en que se merca “man de obra” aparella a degradación da propia vida social.

A riqueza dos países xeramola entre todos, pero os beneficios concéntranse de xeito crecente nun limitado número de persoas. Os avances tecnolóxicos que posibilitan ocupar menos tempo de traballo humano na producción, en lugar de supoñer un aumento do benestar colectivo supón o deterioro das condicións de vida da poboación xeral. Mentres non cambie a lóxica da mercantilización do traballo, non haberá alternativa para manter un certo nivel de benestar. O ser humano é moito máis que o posuidor dunha forza de traballo en venda.

Compre resituar o papel productor de cada un nós na cerna da sociedade e, como tal, con dereito a unha distribución máis equitativa da riqueza xerada polo esforzo e adicacións, independentemente do prezo que algúns queiran asigarnarlle nun intercambio desigual. Hai traballos que non teñen unha xusta valoración económica (coidado de dependentes, nen@s, dinamización social…) e outros están supervalorados (explotación de coltan ou diamantes, especulador ou administrador dunha entidade financeira..).

Hai esforzo humanos que teñen xerado, sen a xusta valoración económica, moito máis benestar que a maioría das operacións especulativas de poderosas empresas transnacionais.Sen dúbida foron moito máis transcendentes a anonima invención da roda, achegas cientificas ou culturais de Benjamin Franklin, os estudios sobre primates de Jane Godall, os importantes estudos de Rosalid Franklin sobre o ADN, a vacina contra da malaria de Pataroyo, ou a achega de moit@s creador@s culturais que teñen alimentado ás sociedades, cunha valoración económica moi reducida ou totalmente nula. A anécdota do enterro de Amades Mozart que algunha versión cifrouno en oito floríns e medio (o usual para a burguesía media da época) non ten nada que ver co autentico valor do seu traballo.

E sen embargo algún posuidor dunha das principais fortunas do mundo é mais valorado por facer negocio aproveitándose da producción de miles de persoas en locais insalubres e inseguros de Bangladesh.

Compre pois distinguir claramente a valoración entre “emprego” como mercancía e “traballo” como achega á sociedade.

E o único xeito de garantilo é co recoñecemento do dereito de cada ser humano a unha renda que lle garanta a satisfacción dun nivel básico de dignidade, subsistencia e liberdade para negociar. E dende logo se queremos que as sociedades progresen compre decatarse, tamén, de que ningunha persoa pode ser emprendedora si necesita sobrevivir primeiro.

Agora mesmo no estado español está en curso unha Iniciativa Lexislativa Popular para recoller as 500.000 sinaturas necesarias para que se debata no parlamento unha lei que recoñeza o dereito a esta renda básica universal. A cantidade a percibir sería de 645,33€ equivalente ao umbral da pobreza. A aplicación da iniciativa seria gradual.

RB

 

A defensa dunha renda básica universal avanza, hai pouco houbera unha iniciativa xurdida da cidadanía europea no mesmo sentido, e probabelmente volva a repetirse para o vindeiro ano con moita máis forza.

Tamén nas organizacións políticas avanza a idea. Nas pasadas eleccións europeas case todos os partidos defensores do ben común levaban nos seus programas a defensa dunha Renda Básica Universal. O parlamento latinoamericano, lévanos vantaxe e xa ten unha comisión encargada da relación dunha iniciativa neste sentido. Países como Alasca ou Chipre están experimentando procesos similares a unha renda universal.

Hai esperanza no recoñecemento do dereito básico a existir para todas as persoas e a vivir en sociedade libremente, pois cada vez hai máis defensores desta iniciativa. A alternativa á Renda Básica Universal estámola vendo cada vez con máis crueza: precarización, paro, exclusión e deterioro social, cultural e científico.

Sobre a iniciativa da renda básica universal comparto convosco este artigo publicado hai uns meses no xornal de Ames Novo, e para implicarse na súa divulgación temos o “colectivo pola renda básica universal de Compostela”.