Quen somos Cantarea 21?

stock-vector-businessman-good-humored-rushing-singing-vector-291368507“Cantarea21 pretende, mediante a insubmisión a este marco alienante que fai da cantarea un karaoke e do individuo un Sabina de Patacón, impor o protagonismo da sociedade civil. A súa única arma é a voz, para construír unha nova orde social-cantareira”.

 O comezo deste texto non é orixinal. Pero si moi acaído. Porque Cantarea21 nace na Troita Armada. Tiveron que pasar moitas e divertidas noites de cantarea sen fin. Noites nas que pasábamos da canción tradicional ao son cubano, das de Gardel ás de Pucho Boedo, das da Movida de Vigo ás da Nueva Ola madrileña. Unha feliz noite, a sensación de que nos estábamos repetindo cadrou cun momento de eclosión de bandas de pop e rock en galego. Remataba a primeira década do 3º milenio, e decidimos que había que renovar o repertorio. Tocamos o corno, e acudiron á chamada varias troiteiras e troiteiros, e tamén algúns músicos e músicas de rueiros anexos. Músicos e músicas que aportaron saber facer, e mesmo cancións orixinais ao repertorio.

 Presentámosche aquí as letras de todas as cancións que estamos aprendendo. Cantas con nós?

Imaxe:

http://image.shutterstock.com/display_pic_with_logo/2185502/291368507/stock-vector-businessman-good-humored-rushing-singing-vector-291368507.jpg