De viños pola Coruña
Pois aínda que cun pouco de retraso iremos ver se quedou algo de viño nos bares de A Coruña despois deste antroido tan celebrado.
O sábado 22 temos a rota de viños pola Coruña.
Programa de actuación:
20:30 A dársena (no Parrote)
21:00 Bristó Veracruz (lateral Igrexa de Santiago)
21:30 A Terraza (plaza de Azcárraga)/ Adega Os Arcos
22:00 Baixada rua Troncoso (Cerilla, Malpica…)
22:45 cara rúa San Juan -campo da leña- (Echeoqueai, El huevito…)
Segundo vai xurdindo a fame, pódese picar algo na terraza, bocata preto da praza de Azcárraga -xamoneria A Leonesa-, no huevito…
Posibilidade de café/terraza na praza do Papagaio (O’Delito, Monty…)
Outra cousa: na sede de A Fundación A Banca no Cantón Grande esta unha exposición de Urbano Lugrís “Paredes Soñadas”- Quedaríamos sobre as sete para darlle unha ollada previa aos viños.
Animarse picheleiros!!!