De viños
LEMBRADEVOS DE MIN….
Dubidamos si houbo ou non verán, pero non dubidamos das gañas de compartir unha nova ruta de viños de reencontro e posta a punto entre soci@s e amig@s da Troita.
Xa vos decatariades que polas rúas de Santiago hai “colgados” uns carteis da exposición “Picheleiros”, que recolle algúns dos oficios e profesións con maior protagonismo na cidade dende a Idade Media ata a actualidade ilustrando multitude de oficios como os coidadores de canos, que se encargaban de reparar e manter en bo estado os canos que conducían a auga. Tamén están representados os carniceiros, cambeadores de moedas, pregoeiros das ordenanzas municipais, coengos, notarios, pedreiros, acibecheiros, cereiros, doutores, fogueteiros, vendedores de liño, xornalistas, gravadores, arquiveiros, hostieiros, gaiteiros, leiteiras e, por suposto, os picheleiros.
Temos a sorte de que a nosa compañeira Merche sexa unha das “ideadoras” deste proxecto que por fin se materializou, e que, libre e conscientemente, queira compartir con todos nos e entre viño e viño a vida, obra e milagres destes picheleiros.
A idea é ir combinando viños e vidas, propias e alleas, pasadas e presentes e viaxar no tempo na mellor das compañías así que aquí va a proposta:
1.- 20:30 Casa Tato (Cruceiro San Pedro)
2.- 21:15 A Moa (Rúa San Pedro)
3.- 21:45 Candinga bar (fronte á praza do Matadorio na outra beirarrúa)
4.- 22:15 O Garum (Praza das Penas fronte á Bodeguilla de San Roque)
5.- 23:00 Casa Pepe (Praza Pescadería Vella)
6.- 23:45 Viñoteca Cervantes (rúa Acibechería)