Roteiro do wolfram

Esta actividade está pensada para facer con nen@s, aínda que é moi interesante para todo o mundo.

A idea é ver pola mañá o poboado mineiro do Fontao, que foi construido en 1954 para acoller aos traballadores da mina de wólfram. O deseño do poboado, integrado por vivendas, equipamentos (igrexa, economato, escola…) e espazo público é un exemplo do ideario moderno da arquitectura dos 50. A explotación da mina abandonouse en 1974 e levou ao abandono do poboado, que foi rehabilitado entre 2005 (as vivendas) e 2012 (equipamentos). Ademais do poboado, daremos unha volta polos seus arredores para ver os restos que quedan da explotación minera e das instalacións.

A comida será no parque do poboado e pola tarde iremos andando dende o poboado ata o mosteiro de Carboeiro (roteiro de aproximadamente hora e media de duración). Este mosteiro, emprazado nun meandro do río Deza, foi fundado no século X e a súa igrexa é unha das obras románicas máis interesantes de Galicia. Aquí merendaremos e exploraremos o mosteiro e os seus arredores. E despois voltaremos a casa.

A idea inicial era facer noite pola zona pero os prezos dos establecementos disponibles encarecían bastante a saída. Pero se alguén se anima, o balneario Baños da Brea ofrece aloxamento e diferentes tratamentos termais coas súas augas sulfuradas cloruradas sódicas, bicarbonatadas e alcalinas, toma xa! Consultade en: http//www.balneariodabrea.com

Entón, en resume:
Día: Sábado 25 de abril
Hora: 11h
Lugar para saír: Restaurante Paz Nogueira (na saída para Ourense, pasado o Hipercor)
Hai que levar: Comida e merenda.

Apuntádevos, sobre todo por ver se podemos organizar o tema dos coches e compartir, antes do mércores 23 de abril ás 20h.

Tedes máis información en: http://www.museodamineria.es/museo/index.html
E podedes ver o documental A luz do negro en: https://www.youtube.com/watch?v=bmsF5ftanFQ

info@atroita.org
Apertas