A Casa do Patrón e o río Asneiros
Ola. Enviamos as notas sobre a saída de Troita-Alevín do domingo 25
Eeeeeeiiiiihhhh! Troitalevins!!! Este domingo 25 de febreiro, se o tempo non o impide, e non o impedirá, faremos unha saída moi cultureta pero moi didáctica a un museo da etnografía de Galicia, A Casa do Patrón (Lalín), unha iniciativa privada para recuperar a vida cando non había plástico, nen tecidos industriais, nen supermercados… Un pouco para saber de onde vimos. Para saber a onde imos. Toda a aldea está comprometida con esta iniciativa e nos temos moito que aprender, sobre todo os alevins. Despois desfrutaremos dunha rota pola beira do Asneiro e levaremos o xantar para desfrutar a beira do río nun merendeiro.
http://museoetnografico.net
Apuntarse ata o venres 23.
Quedamos no Paz Nogueira as 10:30 para saír as 11:00. Leva 45 minutos chegar.
Transporte en coches particulares.
Prezo 3 euros por adulto e 1,5 os nenos. (visita con guía)
A visita dura 1 hora 45 minutos.
Xantar de bocatas, cada un leva o seu, nun merendeiro a beira do río. De ahí parte unha rota que podemos adaptar as nosas necesidades.
Contacto: info@atroita.org