As fragas do Eume

FRAGAS DO EUME

(Sábado 21/10)

Olaa:
Quedamos para o 21 de outubro, para facer unha ruta polo parque natural das “Fragas do Eume”. A idea é:
  • 10:30 h no Centro de Visitantes Portal de Monfero (ao lado do Mosteiro de Sta María de Monfero). Recibir información sobre o Parque natural, video, etc.
  • 11:00 h Visita ao Mosteiro de Santa María de Monero
  • 11:30-12h: Saída de ruta.
Faremos unha combinación de duas rutas (Os Cerqueiros e Os Corzos) coa idea de patear pouca pista. Haberá posibilidades de deixar a ruta a medias, para os máis cativos ou para pais/nais cansos de arrastrar cativos.
Comida de taper, picnic, bocata, etc. Non haberá bar, cantina ou similar polo camiño
Animádevos a coñecer o bosque atlántico húmido mellor conservado do pais (e parte do extranxeiro)
P.D.: Lembrade que é por Monfero, non Pontedeume.