Ruta a Merza
Esta fin de semana Itaca vai de ruta. Iremos a Merza desde o venres 6 até o domingo 8 de novembro.
Nesta ocasión non fai falta estera nin prato nin cubertos… finde de luxo! contamos con liteiras e cociña.
Recomendamos o saco de durmir de inverno e roupa cómoda para patear.
Terán que levar a cea do venres. Itaca encárgase de facer leite quentiño antes de ir ao saco!
Xa sabedes, para apuntarse: correo a info@itaca.gal
Animádevos!