Burbia

Despois de ter adiado a marcha ciclista a Compostela e a saída a Burbia, estamos facendo unha enquisa entre a xente interesada.

As datas propostas son:
18 de abril, 9 de maio, 23 de maio para a ruta ciclista e  29-30-31 de maio, 5-6-7 de xuño ou 12-13-14 de xuño, para a saída a Burbia.
Se queres participar e non és soci@ podes facelo a través deste correo:  info@atroita.org
Lembremos as propostas:

II marcha ciclista a Compostela
A ruta sería similar á que fixemos a primeira vez:
http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4867589, e incluiríamos un tramo conxunto con nenos. O primeiro grupo sairía ás 11 e xuntariámonos
todos sobre as 12:30 ou 13:00, até a hora de xantar (xa buscariamos un sitio chulo). Logo de xantar seguiriamos un pouco a ruta conxunta, e o
primeiro grupo podería continuar para rematala.

Saída a Burbia
Imos de novo a aquel acolledor albergue no que paramos outras veces (http://www.campingburbia.com/), con todas as comodidades, que xa non están os corpos para castigalos
Saíremos o venres á tarde e volveremos o domingo (antes ou despois de xantar, segundo cada un queira).
O sábado faremos dúas rutas: unha para todos os públicos, incluídas crianzas, paseniño e con tempo para gozar da paisaxe primaveral (por exemplo esta: http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8172343)
E outra para esforzad@s montañeir@s que non teñan medo a madrugar. Subindo o Mustallar, faltaría máis, para ver o mundo desde arriba (por exemplo esta:
http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2491670)
Iremos en media pensión (almorzo e ceas incluídos). Cada quen pode elixir se durmir en habitación común (máx. 6 prazas), con saco ou sabas, ou en habitación dobre. Podedes ver os prezos na web do albergue (fixádevos que os nen@s pagan menos).

info@atroita.org