A Casa do Queixo

Ola a tod@s, como xa se vos anunciou, este sábado 21 de novembro imos á casa do queixo que é granxa escola, zoo de animais domésticos, museo do queixo e fábrica do queixo.
Non vos emocionedes, teriades que volver a ser nenos para disfrutar desta experiencia completamente, montados nun avestruz, nunha man un queixo de Arzúa, noutra unha botella de caña, quen vos vería.
Pero como non somos nenos pero algúns xa son pais, e todos temos algo de nenos, combinemos estas extrañas coincidencias nun sábado outonal.
A proposta é ir á casa do queixo. Vos deixo o enlace da súa web que está moi ben para que botedes un ollo.
A proposta é:
As mañás con queixo:
Historia da casa do queixo, visita á granxa-zoo, obradoiro de queixo e degustacion na casa museo
COSTE PARTICIPANTE 10€. MÍNIMO TENQUE HABER 15 PARTICICPANTES.  Horario de duración de 12:00h a 13:30h.
Comer:
Podemos quedarnos a comer no seu restaurante, hai un menú de 12€ de fin de semana e un infantil de 8,50€..
Para os adultos:

O menú de fin de semana confirman o luns, pero o habitual é: entrantes da casa, tenreira, queixo con marmelo ou tarta xeada, viño e augas e café.

Si se quere cocido o prezo é 20€.

Para os nenos:

O menú infantil ven sendo croquetas, milanesa e de postre corte de xeado.En caso de cocido o prezo é 10€.
Si levamos a nosa comida, no exterior solo hai 3 mesas e tería que facer un día moi bo para que apeteza.
Despois de comer podemos volver a Compostela….ou podemos si non queremos comer na cas do queixo, podemos ir ata Sobrado dos Monxes, comer alí e visitar a lagoa de Sobrado dos Monxes, cun paseo breve para baixar a comida.
E para rematar, volver a Compostela para o super, hiper, mega magosto Troitaqueiro.
 
Planazo, que non?
ORGANIZACION:
Iremos en comandos por unidades familiares+acoplados en coche ou nave espacial (cada un o que teña) organizandose cada quen cos seus propios, alleos e espontáneos.
Para ir todos xuntos quedaremos na Bodeguilla de San Lázaro sobre ás 10:15h para tomar un café, un pintxo, ou o que se tercie con idea de sair IMPEPINABLEMENTE ás 1030-10:45 h.
En canto a comida, manifestarse si queredes comer na casa do queixo ou nunha pulpería en Sobrado, que parece que é o típico.
O prazo para anotarse remata o mércores pola noite.