Saida ciclista a Padrón
Aproveitando que o sábado que vén fai facer un sol de carallo e que xa non
aturamos máis a inactividade, ADIANTAMOS A SAÍDA EN BICI A PADRÓN PARA ESTE
SABADETE!!
Plan ciclocrápula:
– Imos polo camiño de Santiago no sentido luciferino, isto é, de
Compostela a Padrón, pasando da compostelana e costa abaixo.
– Imos en estilo “ciclocrápula” domingueiro, isto é, a modiño e
facendo paradiñas para admirar a paisaxe e coñecer os bares do camiño.
– Quedamos en Compostela ás 11:00 h, en Conxo. Se alguén quere
podemos facer unha turné por Compostela para ir recollendo ciclocrápulas.
– Previamente, ás 10:30 h, realizamos un obradoiro de posta a
punto dos velocípedos (engraxado, axuste de freos e cambios). Avisade os
que esteades interesad@s.
– En Padrón xantaremos uns pementos, e ás 17:00 h, volveremos en
tren para Compostela. Se somos moitos e non collemos no tren, algúns
teremos que volver na bici.
Lembrade que na “1ª volta ciclocrápula a Compostela” participaron familias
enteiras con crianzas, e que agora a distancia é máis pequena. ANIMARSEN!