Troitalevín en Montederramo
Saída para todos os públicos.
A fin de semana do venres 30 de setembro ao domingo 2 de outubro, as troitas e os nosos alevíns desprazarémonos ás terras de Caldelas para patear polo bidueiral mellor conservado de Galicia (concello de Montederramo, o sábado) e visitar a Casa das Rodas (concello de Castro Caldelas, o domingo mañá), da man do seu creador e mantedor Florencio de Arboiro (tedes todos os enlaces máis abaixo).
A durmida será nos apartamentos da Casa do Comediante, en San Xoán de Río.
O prezo da durmida son 100€ aprox. para unha familia de 4 personas
A cea do sábado será en Montederramo: 10-15€/persona
A organización mercará os almorzos para repartir polos apartamentos (bica incluída:): prezo a calcular
A cea do venres e a comida da ruta do sábado: cada quen traerá as súas viandas.
A comida do domingo pode ser en Castro Caldelas, se hai alguén interesado: 10-12€ por persoa
Anotádevos antes do domingo 18 de setembro para poder xestionar o dos apartamentos.
Apertas
Máis información:
O Sábado 1 faremos un roteiro, asequibel a todas as idades, polo lexendario bidueiral de Montederramo. “Ateigado de bosques caducifolios, neste momento é unha das fragas de bidueiros mellor conservadas de Galicia e un dos mellores exemplos de vexetación eurosiberiana máis meridionais do Noroeste da península.
Situado nas empinadas ladeiras da cara Norte da Serra de San Mamede chegando ata a mesma cima, este espazo aproxímase á cota 1.600 no seu extremo superior e descende ata os 960 metros de altitude no seu extremo inferior”
http://www.montederramo.es/ images/pdf/Folleto% 20Bidueiral.pdf
Situado nas empinadas ladeiras da cara Norte da Serra de San Mamede chegando ata a mesma cima, este espazo aproxímase á cota 1.600 no seu extremo superior e descende ata os 960 metros de altitude no seu extremo inferior”
http://www.montederramo.es/ images/pdf/Folleto% 20Bidueiral.pdf
O domingo 2 visitaremos a “casa das rodas”, no concello de San Xóan de Río, dun precioso museo no que se conservan ducias de rodas de afiar, como testemuña do que foi un dos máis importantes oficios desta comarca, e esculturas do seu director “Florencio de Arboiro” http://florencio-de-arboiro.co m/coleccion-de-ruedas/