Pena furada e Chelo

Ola!, xa estamos quentando para a saída Troitalevín. Como lembrarás estas son saídas para todos os públicos.
Desta volta iremos á zona de Coirós, preto de Betanzos a coñecer as prospecións do sorprendente santuario de Pena Furada, pola mañá, e a area recreativa de Chelo pola tarde.
Enviamosche unha programación da xornada, e algúns enlaces para coñecer máis.
Web de referencia: http://penafurada.net
Día: sábado 7 de maio, quedaremos ás 10.00h, para estar alí ás 11.30h. Camiñada ata Pena Furada de menos de entre media hora e corenta e cinco minutos para estar no santuario sobre as 12:00h. (hora de mellor luz)
Guía de visita adaptada a nen@s: Antón Malde, arqueólogo. Descubridor do santuario prerrománico e director do proxecto arqueolóxico.
Roteiro de aprox. 2km elaborado por Antón Malde desde Pena Furada ata a Iglexa de Santa Mariña de Lesa (igrexa gótica, cristianización da moura).
Xantar: nun espazo acondicionado pola veciñanza da parroquia de Lesa ao aire libre ou en Chelo.
Aparcamento nun lugar usado para a comida dos Caneiros a 1km da Aula da Natureza de Chelo. (Os sábados é complicado aparcar na entrada da Aula da Natureza)
Pola tarde quen queira, podemos visitar a Aula da Natureza de Chelo (http://www.riomandeo.com/index.php?nivel=4&idnivel=1231&s=24&su=32&cat=su ) e pasear á beira do Río Mandeo.
A educadora medioambiental da Aula da Natureza, Cristina, atenderá todas as dúbidas d@s troitalevineir@s, acompañaranos nunha visita guiada na Aula da Natureza e trasladaranos indicación para un mellor coñecemento do Mandeo e o seu ecosistema.

 MOura